GMH/ÍNDICE A-Z

464
1393, abril, 14

foro

Os clérigos do coro afóranlles a perpetuidade a mestre Xufeu, físico, e á súa muller, María Rodríguez, un soar na rúa do Pumar por 2 mrs. e medio.

ACOu, Clérigos do Coro, 28

Sabean quantos esta carta viren que nos Roy Lourenço et Gonçalvo Oureiro dobreiros da igleia d’Ourense et Fernan Rodrigues capelan da capela curada de Santa Ouffemea et Iohan Fernandes et Gonçalvo de Pereiras capelaans da igleia da Triindade et Fernan Yanes clerigo da igleia de Santa Crus da Raveenda procurador de Johan Anes capelan da dita capela de Santa Ouffemea et Affonso Peres e Iohan de Canbeo e Iohan Martines e Garçia Gonçalves mordomo dos clerigos do coro et Martin Anes procurador da universsidade dos ditos clerigos do coro en nomme e por nomme da dita universidade, damos e outorgamos a foro a vos meestre Jufeu fisico + et a vossa moller Maria Rodrigues que non he presente et a todas vosas voses para senpre hun terreo soar de casa que está en Ourense enna rua do Pumar entre casas en que mora Diego Lopes carpenteiro et outro soar que foi casa que he do cabidoo da dita igleia d’Ourense, que a entrada e saida e soya teer as portas na dita rua do Pumar, o qual de nos tiiña afforada Diego Lopes carpenteiro morador enna dita rua do Pumar, et o qual nos demitiu oie este dia da feita desta carta por Afonso Giça notario d’Ourense por que esta carta he feita. Afforamos vos o dito terreo de soar con suas entradas e saidas e con todos seus dereitos, jures e perteenças para que façades del et en el vossa voontade e o que vos aprouver et dedes de foro de cadaun anno aa dita universidade ou a seu procurador en seu nomme dous mrs. e medio de diñeiros brancos de des diñeiros o mr. ou a estimaçon deles enna moeda que correr et pagardelos de cadaun anno por dia de San Martiño de novenbro a nosso moordomo et livre e quite de todo outro enbargo e encarrego alguun. Et he posto que nos por nos \ou/ por nosso moordomo ou procurador possamos peñorar por nossa outoridade sen pena a vos e a vossas voses por o dito foro non no querendo vos (ou) vosas voses pagar en cadauun anno ao dito dia sigundo dito he. Et se vos ou vossas voses quiserdes vender, deitar, sopiñorar, obrigar ou eallear o dito terreo de soar ou parte del que primeiramente frontedes con elo aa dita universidade ou ao seu procurador et nos lo dedes por lo justo preço que vos outro por elo der ante que a outro algun, et non no querendo nos por ese justo preço reçeber estonçe o vendede, deitade, sopinorade, obrigade ou ealleade a atal pesoa que seia semellavel de vos que de e page de cadauun anno ao dito dia os ditos dous mrs. e \medio/ aa dita universidade ou ao seu moordomo et cunpra e agarde as condiçoons desta carta e cada huna delas. Et obrigamos os beens da dita universidade para que vos o dito mestre Jufeu e vosa moller e todas vossas voses seiades anparados e defesos senpre a dereito con esto que vos aforamos commo dito he. Et eu o dito mestre Jufeu por min e por la dita miña moller que non he presente e por todas nossas voses asi reçebo de vos os sobre ditos o dito terreo e soar de casa que me aforades commo sobre dito he et para vos dar e pagar os ditos dous mrs. e meo de cadaun anno ao dito dia et conprir as condiçoes desta carta e cadauna delas obrigo todos meus beens gaañados e por gaañar. Posto foi e outorgado entre nos as ditas partes que a parte de nos que contra esto for e o non conprir e agardar que peite aa outra parte que o conprir e agardar quiser por nomme de pena çen mrs. da sobre dita moeda, et a dita pena pagada ou non esta carta e aforamento e as cousas en ela conteyudas vallan e fiquen firmes para senpre. Feita a carta en Ourense, qatorse dias do mes de abril, anno do nasçemento de nosso señor Ihesu Cristo de mill e tresentos e noveenta e tres annos. Tests. que presentes foron Diego Lopes carpenteiro e Martin Domingues sobriño de Ouffemea Anes moradeira en Ourense na Barreira e o dito Garçia Gonçalves moordomo sobre dito + morador en Ourense na rua dos Çapateiros.

Et eu Afonso Anes Guiça notario publico d’Ourense porlo bispo e porla igleia dese lugar que a esto que sobre dito he con os ditos tests. presente foy e en miña presença o fige escrivyr e en esta carta que dello dey ao procurador da dita huniversidade meu nomme e signal figen en testemunyo de verdade que he tal.

(sinal)

[reverso] Carta da casa da rua do Pumar (...)

Carta da casa de (...)