GMH/ÍNDICE A-Z

563
1350, outubro, 29. Lugo
O clérigo Xoán Eanes recoñece que a sexta parte da igrexa de San Xiao de Zas de Rei corresponde aos aniversarios de Lugo, e comprométese, por esta causa, o devandito clérigo ao pagamento de dous marabedís anuais.
MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 71r.

Eu Iohan Eanes de Sellae, clerigo da sesta parte da iglesia de Sant Iullao de Saas de Rey, conffesso et digo que esta dita sesta da dita iglesia he iur et padroadigo dos aniverssarios da iglesia de Lugo, et que reçebi a a presentaçon de don Diego Ferrnandes, dayam de Lugo, procurador dos ditos aniversarios, et por reconoçemento et reverença desta sesta da dita iglesia prometo et outorgo a dar, cada anno, por dia de Natal dous moravedis desta moneda que ora corre, a oyto soldos o moravedi, a o que recadar os aniverssarios por la dita iglesia de Lugo. En testemoyo disto rogey a Fernando Peres, notario publico del rey en Lugo, que fesese escripvir esta carta en este livro do cabidoo.

Feyto en Lugo, viinte et nove dias de outubre, era de mill et CCC LXXX VIIIº annos.

Testemoyas: don Diego Ferrnades, dayan; don Fernando de Deus, chantres; don Afonso Gomes, arçidiago de Deça; don Garçia Dias, arçidiago de Sarrea; don Vaasco Rodrigues, arçidiago de Deçon; don Vaasco Dias, iuys; don Lopo Domingues, thesoreyro; Iohan Dias, Iohan Ferrnandes, Tomas Gomes, coengos de Lugo, et Lopo Peres, porteyro.

Et eu Fernando Peres, notario sobredito, que a esto que sobredito he presente foy con as ditas testemoyas por rogo do sobredito Iohan Eanes, clerigo, fis escrivir et puge y meu nome et meu sinal.