GMH/ÍNDICE A-Z

45
1302, agosto, 8
poder

Martín Iáñez, xuíz de terra de Aguiar, outorga poder a Gómez Pérez no preito que ante o deán de Santiago sostén coa súa irmá e o seu marido sobre un casal en Sabadelle.

ACOu, Escrituras XII, 117


Eno nome de deus amen. Sabeam quantos esta carta viren commo eu Martin Yanes de Sabadelle iuiz en terra de Aguiar, no preyto ou preytos que comigo an ou entenden aver Maria Eanes do Souto mia irmaa ou Joan Aras de Santiago seu marido ou cadaun delles eu ey ou entendo aver contra elles por qual quer rason e sobre qual quer cousa e specialmente por razon de una çitaçon que me fes Domingo Yanes de Lamela por carta do dayan de Santigao en nome do dito Johan Aras por razon do casar de Sabadelle que este Joan Aras diz que eu teño del conprido o tenpo da renda, faço e estabelesco meu geeral e sufiçiente procurador Gomez Peres que leva esta presente procuraçon e doulle livre e conprido poder de demandar, deffender, rasoar, responder, contradizer, alegar, cartas gaañar, mostrar e testar outras, conviir, reconviir, pleito ou pleitos entrar, sentençia ou sentençias oyr e reçeber e apelar delas e apelaçon siguir se for mester, exepçoens poer, responder a elas, e para dar iuramento en mia alma qual quer que lle seia pidido de dereito. Façoo meu procurador ante qual quer iuiz ou iuises ordinarios ou delegados ou arvidros, por que se deva faser conprimento de dereito. Et aynda lle dou poder para faser todas las outras cousas e cadauuna delas que çerto, geeral e suffiçiente procurador pode e deve fazer de dereito e que eu mismo faría se por min presente fosse. Et que este meu procurador seia senpre livre sen danno e sen perda do que for iulgado e procurado, tan ben por min commo contra min, obligo min e meus beens. Et que esto seia çerto e non possa viir en dulta roguey Johan Domingues notario de Aguiar que fesesse faser ende esta presente procuraçon e posesse en ela seu nome e seu sinal. Que foy feyta viii dias de agosto, era de mill e tresentos e quareenta annos. Testemoyas que presentes foron a esto chamadas e rogadas Aras Diaz de Villariño, Joan Dominguez notario d’Ourense, Joan Martines desse lugar, Domingo Perez seu cuñado.

Eu Johan Dominguez notario sobredito que presente a esto fuy e em mia presença o fiz escripvi[r] e meu sinal y fiz en testemoyo de verdade.

(sinal)