GMH/ÍNDICE A-Z

169

a
s/d

O pedreiro Afonso García, mestre da Obra da Ponte, fai contrato con Xoán Rodríguez e con Xoán de Santiago para o abastecemento de pedra, con formas e medidas determinadas, que entregarán no propio monte de Vilar de Astrés, de onde as sacarán, e polas que recibirán 15 pares de brancas por cada vara de doelas e perpiaños e outro tanto por cada muxinete, cun importe total de 3.600 pares de brancas. (fols. 53v-54)

Afonso Garçia pedreiro.

Sabean quantos esta carta de contrauto viren como, eu Afonso Garçia pedreiro, maestre da obra ponte, faço aviinça con vosco, Joan Rodrigues pedreiro et con Joan de Santiago, en esta maneira que se sige; iten que collades et diedes colleytas enno monte das Trees çen varas de pedras de duellas, as quaes avedes de dar gastadas et que aja en cada vara de pedra quatro palmos de longo medidos por el vendre ventre dela duella et que ayan de tras dos leyto seys palmos et medeo; iten que me diedes mays çinqoeenta varas de duellas et que aja en cada una quatro palmos enna duella ( fol. 53v)
et que quellas cunplan de tras dos en gisa que sean de lecho tanto como las outras çen varas sobre dichas; iten que an de sacar mays çinqoeenta varas de perpeaños et que sean dela anchura e altura segundo que esta el antepecho que feso Afonso de Merca enna igleia de San Martiño et cada vara destas pedras que aya cada una quatro palmos por el palmo del dicho Afonso Garçia; iten que an de dar mays colleytas qoreenta pedras de muxinetes de la altura e longura que son las delas almenas dela dicha igleia de San Martiño et que sejan as ditas pedras e as dian desga ben desbastadas a vysta de mesteyraas, postas enno dito monte et que o dito Afonso Garçia que lles día por cada vara de pe delas dichas duellas et perpeaños quinse pares de brancas et por las ditas qoreenta pedras de muxinetes outros quinse pares de brancas por cada huna, que montan tres mill et seysçentos pares de brancas, os quaes mrs. lles ha de pagar a estes praseos, ata domingo primeiro sigente quiñentos pares de brancas et dende endeante que lles pagen segundo que foren labrando a dita pedra, para o qual o dito Afonso Garçia se obrigou de lles pagar os ditos mrs. et os ditos Joan Rodrigues et Joan de Santiago se obrigaron de dar a dita pedra colleyta \anbos de man comun et cada hun por lo todo/ ata día de natal primeiro que ven, penna mill mrs. etç. Tests. Alvaro Afonso rejedor et et Joan Afonso de Prado, Pero Lourenço e Diego de Meendes escripvano del rey que non quera