GMH/ÍNDICE A-Z

1033
1432, febreiro, 24. Lugo

O vigairo lucense afóralles ó notario Álvaro Fernández e a dúas voces un casal en Santa Mariña de Torible por renda anual dunha carga de pan.

MADRID, AHN, Carp. 1333 A/1, perg. orix., galego, cortesá, 250 x 290 mm.


   

Sabean quantos esta carta de foro viren como eu don Afonso Ruys de Baeça, bacheller en leys, arçidiano de Aveancos en a iglesia [de Lugo], et vigario geeneral en a iglesia et obispado de Lugo por lo reverendo padre et senor don Ferrnando por la gracia de Deus et da santa iglesia de Roma, Obispo de Lugo, veendo et entendendo que he proveyto do dito senor Obispo et sua mesa obispal, aforo a vos Alvaro Ferrnandes das Camoyras, notario del Rey, et a duas personas a pus vos huna qual vos nomeardes et a outra qual nomear aquela que por vos for nomeada, et non seendo nomeadas que seian quen erdar vosos bees de dereito, conven a saber que vos aforo o casal de Turibele, que a o dito senor Obispo perteeçe, en a fiigresia de Santa Marina de Turibele con todas suas erdades et casas et arvores et formaes et con toda a herdade et casas et arvores que foron de Moor Vasques, a montes et a fontes, onde quer que vaan, que ella tina en a dita fiigresia de Santa Marina de Turibele et seu padre mandou a a dita iglesia de Lugo et a o dito senor Obispo, et foy junta por lo senor Obispo, don frey Juan Enrriques, a o dito seu casal de Turibele, segundo que todo tina en foro do dito senor Obispo Jacome Peres, notario del Rey, voso tio. Et por quanto vos, o dito Alvaro Ferrnandes, tomastes pleito con os erdeiros da dita Moor Vasques en nome do dito senor Obispo sobre las ditas erdades et casas da dita Moor Vasques et andastes en gran pleito sobrelo fasta que os vençestes por sentença, a qual os erdeiros da dita Moor Vasques ainda poseem por força. O qual dito casal de Turibelle et erdades et casas da dita Moor Vasques vos aforo a tal pleito et condiçon que labredes ben o dito casal et lugar de Turibelle et ho tenades en boo paramento, et demandedes et persigades en quanto poderdes a dita erdade et casas da dita Moor Vasques por vosa custa; et dedes de foro vos et as ditas personas en cada hun ano por lo dito casal de Turibelle et erdades et casas, que ficaron da dita Moor Vasques et por todas las cousas que Deus en ellas der, huna carrega de pan por medida dereita da dita fiigresia posta en pas et en salvo en a dita friigresia, et que o caseiro et labrador que labrar o dito casal et erdades seia quito et exsento de todas monedas et pididos et trebutos, segundo que o foren os outros caseiros do dito senor Obispo; et a finamento da postromeira persona que o dito casal et casas et erdades fiquen ben reparadas et libres et quitas et desenbargadas a o dito senor Obispo et sua mesa obispal con todos los outros boos paramentos que en ello foren feitos.

Et eu, o dito Alvaro Ferrnandes, por min et por las ditas personas asy reçebo de vos, o dito vigario, o dito foro por las maneiras et condiçoes sobreditas, et obligo min et meus bees et das ditas personas de o atenderemos et compliremos et pagaremos todo asy segundo suso dito he. Et eu, o dito vigario, asy vos lo aforo et outorgo.

Feito et outorgado en a çiudade de Lugo, viinte et quatro dias do mes de febreiro, ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et triinta et dous anos.

Testemoyas que foron presentes: Juan d’Outeiro et Diego Pedraço, escudeiro de Pedro Ruys de Baeça; et Afonso de Fontecha, familiares do dito vicario.

Alfonsus archidiaconus, lucensis vicarius.

Et eu Pedro Afonso de Masoen, notario publico da dita çiudade de Lugo por la auturidade do senor Obispo et iglesia dese lugar, a todo esto que sobredito he con as ditas testemoyas presente foy et por mandado do dito vigario, que aqui firmou de seu nome, et a rogo et a pidemento do dito Alvaro Fernandes das Camoyras, notario, esta carta de afforamento por outro en mina presença fis escripvir, et aqui puje meu nome et signo acustumado que tal he en testemoyo de verdade (signo).