GMH/ÍNDICE A-Z

395

setembro, 5

Afonso, criado do mercador Gonzalo Anes, recibe deste en dote de casamento con Maior Lourenza 200 mrs., outros tantos de Pedro de Reza, 100 do cóengo Ares González e outros 100 do clérigo Fernando González. (fol. 117v)

Afonso criado de Gonçalvo Yanes.

Domingo V dias do dito mes, Gonçalvo Yanes mercador deu en casamento Afonso seu criado dosentos mrs. branca en tres dños., os quaes se obligo de dar fasta San Martiño primeiro que ven en casamento con Moor Lourença e mays que consentya que se a s Costança Peres, muller do dito Gonçalvo Yanes, mays quisese dar en casamento ao dito Afonso, que el que consentya en elo. Iten deu en casamento mays Pero de Reça ao dito Afonso con a dita sua muller dosentos mrs. branca en tres dños. e mays deu en casamento Ares Gonçalves, canonigo enna eglesia d’Ourense, ao dito Afonso con a dita sua muller çen mrs. da dita moeda. Iten deu mays Fernando Gonçalves, clerigo de San Martiño d’Alongos, outros çen mrs., os quaes se obligaron todos de llos dar fa et pagar fasta dia de San Martiño ou alende oyto días. Penna çinqo mrs. a cada huna das partes. Contrauto forte et firme etç. Tests. que foron presentes Afonso Yanes da Lagea e Juan de San Lourenço e no Nunno Gonçalves de Freixo notario e Rodrigo escripvan.