GMH/ÍNDICE A-Z

512
1434decembro, 4

Afonso Caldelas denuncia ao carniceiro Xoán de Arzúa por ir este mercar fóra da cidade carne para ambos e non lle entregar a súa parte. (fols. 158v-159)

]Afonso Caldellas.

Et despois, desto sabado IIIIº dias do dito mes, enna Praça do Canpo, ante Pero Rodrigues alcallde, enna Praça do Canpo an Afonso Caldellas presentou ao dito alcallde Joan da Arçua carniçeiro preso en cadea e diso que o dava por autor dos ditos dous boys, et logo o dito Joan dArçua diso que el que fora fora desta dita çidade a merqar carne de boys de bacas para sy e para o dito Afonso Caldellas, en que estando alugado cada dia por quatro mrs. que fora merqar a dita carne et que levara XXVI .- para merqar a dita carne et que mercara dous boys en casa de Lopo de Meyra, a Payo et a Pero da Portela et que os troyxera a casa do dito Afonso Caldellas et que matara hun delles (- - -) et o dito Afonso Caldelas diso que non lles taes boys mandara merqar et que se merqara os boys de farto que os pagase ou catase quen os tase et o dito Joan d’Arçua diso que dava por autores que lle venderan os ditos boys ao dito Payo et a Pero da Portela, e logo o dito alcallde mandou ao dito Payo \Joan d’Arçua/ que fose preso aa cadea (fol. 158v)

et que mandava ao dito Afonso Caldellas que os mrs. que tiña do dito boy que o dito Joan d’Arçua matara, que os tevese sacrestados en sy ata que as partes fosen contentas. Tests. Loys Gonçalves, Afonso Garçia de Arevalo, Afonso Fernandes e Joan de San Lourenço et outros.