GMH/ÍNDICE A-Z

1
1433, marzo, 15

María Peres, viúva de Gonçalvo Yanes Agulla, xuntamente co seu fillo Gonçalvo Agulla, aforan a Juan de Cabral, pedreiro, veciño de Pontevedra, por tempo de 29 anos, a metade dun terreo que foi casa de forno na Rúa do Rego, de Pontevedra. Foro: 12 mrs.

(ff. 1-2)

Quinse dias do dito mes. Sabean todos que eu Maria Peres, moller que foy de Gonçalvo Eanes Agulla, cuja alma Deus aja, et eu Gonçalvo Agulla, fillo que foy do dito Gonçalvo Eanes, que somos anbos presentes et outorgantes, et que fasemos por nos et por nosas vozes aforamos et damos en aforo deste dia de San Migell do mes de setenbre primeiro que ven endeante ata viinte et nove anos conpridos primeiros seguintes, a vos Juan de Cabral //, pedreiro, vesino da dita villa et a bosa moller Ynes de San Paayo, que sodes presentes, et vosas vozes, a meatade entregamente daquel terratorio que foi casa de forno, que esta ẽna Rua do Rego da dita villa, en dereito das casas de Pero Gonçalves, prateiro; o qual terratorio se ten da hũa part con outra casa de vos, o dito Juan de Cabral, et da outra parte se ten con outra casa de Afondo Sanches, pedreiro, en que el agora mora et sal con portas aa Rua cega da dita villa et eso mesmo sal con portas aa Rua do Rego da dita villa. Et aforamosvos a dita meatade do dito terratorio et formal et mas se mas del ouvermos, para que del fagades exido et orta ou o que quiserdes et ben toverdes ẽno dito tenpo et vos devedes de dar a nos et a nosas vozes, por renda, censo, conosçemento do dito terratorio, exido et orta cada un ano ẽno dito tenpo dos ditos viinte et nove anos dose maravedis de moeda vella, contando a branqua em tres dineiros, os quaes nos devedes pagar por cada dia de San Migell do mes de setenbre, de que logo eu o dito Gonçalvo resçeby para en pago do dito foro sasenta mrs da dita moeda que he o foro dos primeiros çinquo anos, avendo nos mais parte ẽno dito terratorio que esta que vos asi aforamos que nos pagedes por la parte que asi mas ouvermos soldo por rrata a respeito da dita metade que vos asi aforamos, et avendo vos ou a dita bosa moller de bender ou sopenorar ou enallear ou trasmudar este dito aforamento et o feitio que ende feserdes et eso mesmo nos a propiedade et foro que del avemos de aver, que o fasamos hũus aos outros tanto por tanto segundo que nos outro der et seeremos frontados sobre elo. E con esto seerdes anparados et defesos de todo enbargo por nos et a elo obligamos et so pena de mill mrs da dita moeda que vos peytemos por pena se o asi non overmos, conpriremos et contra elo veeremos. Et eu o dito Juan de Cabral et mea moller, que somos presentes asi o reçebemos et outorgamos et prometemos teer conprir // et pagar por nos et por todos nosos bẽes et so a dita pena outorgamos de vos pagar en nome de interese se o asi non tovermos, conpriremos et contra elo vieremos. Et a pena pagada ou non, esto este firme en sua revor. Feito ẽna dita villa de Pontevedra, ano, dias, mes sobreditos. Testemoyas que foron presentes: Juan de Deus, toneleiro; Gonçalvo, seu yrmão. Gomes Soares, recabdador, et Gonçalvo Eanes Gago, et Lourenço Ferreiro et Fernando, criado de Pero Gonçalves, pedreiro, et outros.

Condiçon asosegada ontre as ditas partes, que querendo labrar ou levantar os ditos Maria Peres et seu fillo ou cada un deles o dito terratorio de forno ou casa para si mesmos, que o posan faser sen enbargo deste aforamento, pagando aos ditos Juan de Cabral e sua moller o custo que avian posto eno dito terratorio. Testemoyas. ut supra.