GMH/ÍNDICE A-Z

153
1325, xaneiro, 14
venda

María Aras, muller que foi de Vasco Rodríguez, escudeiro de Sabadelle, véndelle ao seu cuñado Lopo Rodríguez, escudeiro, unha viña en Sabadelle por 240 mrs.

ACOu, Escrituras X, 45

Enno nome de deus amen. Sabeam quantos esta carta viren que eu Maria Aras moller que foy de Vaasco Rodrigues escudeiro que foy de Sabadelle, para pagar as devedas que el devia vendo e entrego por esta carta a Lopo Rodrigues escudeiro yrmao do dito Vaasco Rodrigues |Rodrigues| una leyra de vina que este Vaasco Rodrigues avia e lle perteençia na friguisia de Sabadelle, a qual iaz enno lugar que chaman os Agueyros ontrela leira de Maria Anes do Paaço de una parte et a leyra de Junqueira da outra, et entesta na leira de Maior Eanes moller de Fernando Aras, et en fondo fer na leira de Maria Anes. Que o dito Lopo Rodrigues e toda sua voz aia e possuya a leyra sobredita en jur de erdade para por senpre con entradas e seydas e con todos seus dereitos e perteenças de dizimo a deus e livre e desenbargada e quite de todo outro enbargo assi que faça dela sua voentade livremente. Ca outorgo que reçebi del por esto ben e conpridamente todo o preço que a min e a el por esto aprouvo, conven a saber dusentos e quareenta mor. da moeda portuguesa que agora corre de que contam xvi pares de diñeiros novos por tres mrs. Et outorgo anparar o dito Lopo Rodrigues e toda sua voz a dereito con a leyra sobre dita por min e por todos meus beens gaañados e por gaañar. Et quen quer que contra esta carta veer aia a yra de deus e a mina maldiçon e quanto demandar peyteo a el e a sua voz dobrado e a voz del rey peite c mrs. da boa moeda de pena e esta carta fique firme. Feyta a carta en Ourense xiiii dias de janeyro, era de mill e ccclxiii annos. Testimoyas Roy Peres dito Sabadelle, Roy Perez de Nugueiroaa e Roy Gonçalves fillo de Gonçalvo Nunez e Gomez Lourenço escudeiros de Johan Perez de Novoa e Johan Peres dito do Couto alfayate d’Ourense, Domingo Martinez de Sabadelle e Diego Moniz de Vilarino e Johan Leal.

Et eu Affonso Anes notario jurado en Ourense pola igleia desse lugar que a esto presente foy e o escrivy e meu sinal y puge en testimoyo de verdade.

(sinal)

[reverso] Carta de Sabadell[e] de Lopo Rodrigues da leyra dos Agoeyros.