GMH/ÍNDICE A-Z

A37
1380, xullo, 22
Roi Pérez, morador en Gustei, vende a Xoán Fernández unha casa por 24 mrs. (fols. 26v-27)
(Era) da carta d’Afonso Ares (- - -)
(E)ra sobre dita, Roy Peres, fillo de Pero Anes pilyteiro, vendo a vos Joan Fernandes, morador em Gostey, e a vosa vos para senpre, huna casa que eu teño aforada de Fernando Esteves, fillo de Estevo Anes que foy, por XX e IIII mrs.
Tests. Joan Anes da Careyra e Afonso Rey e Joan Afonso de Chaçim e outros.
Sabeam quantos esta carta viren que eu Roy Peres, morador em Gostey, fillo de Pero Anes pilyteiro, vendo e logo por esta presente carta emtrego a vos Johan Fernandes (a vos Johan mora)* morador enno dito lugar de Gostey e a vosa moller Maria Domingues e a toda vosa voz para senpre, huna casa que eu teño aforada de Fernando Esteves, fillo de Estevo Anes que foy (vendo vos a dita casa)* que mora enno dito lugar. Vendo vos a dita casa con todas suas entradas e seydas asy como a eu teño. Ca outorgo e conosco que receby de vos todo o preço que a min e a vos aprouvo de me por ela dardes, conve(n) a saber XX e quatro mrs. de dños. brancos de dez dños. cada mr., os quaes de vos receby e ey de vos ja em meu jur e em meu p(...) bem e conpridamente e de que me outorgo por entrego e bem (...). Et renuncio sobre elo aa eycepxçon de numerata pecunia (...) aver non contado ante o notario e tests., que me non posa (...) em nihun tenpo nen en nihuna maneira (...) de mays (...) (fol. 26v)
moller e em toda nosa voz para senpre, assy como a eu ey e con aquel carego que a ey. Et he posto que se vos contra esta venda que vos eu de meu prazer e de miña propia voontade faço (que vos)* ou miña vos, que vos peytemos por penna duzentos mrs. de dños. brancos et a vos del rey outros tantos, e a penna pagada ou non esta carta e venda sobre dita fique firme e vala para senpre, e por que esto seia çerto e non veña en dubta ma(n)dey a Martiño Anes, notario enno Chaao de Castela e em Bubal e enno Bolo de Senda (que estava presente)* por Gonçalvo Anes de Santo Seveo notario dese lugar por noso señor el rey que esta-va presente, que fezese esta carta de venda e a dese ao dito Joan Fernandes. Que foy feyta em Gostey, sesta feira, XXII dias do mes de julio, Era de mill e quatroçentos e des e oyto annos. Tests. que foron presentes Joan Anes da Careyra e Afonso Rey moradores em Gostey e Johan Afonso de Chacim ome de Gonçalvo Peres de Beyro e outros. (fol. 27)