GMH/ÍNDICE A-Z

1112
1456, outubro, 18 luns. Lugo

O Cabido de Lugo afóralles a Fernando de Taboe, á súa muller e a unha voz a casa que habita na rúa Nova, freguesía de San Pedro, e que xa trouxo en foro, por renda anual de oito marabedís.

MADRID, AHN, Cód. 419 B, f. 6 r.

Saban quantos esta carta de foro viren como nos o cabidoo da iglesia de Lugo seendo juntados en noso cabidoo per son de campana tangida, segundo avemos de uso et de costume, dentro en a dita iglesia açerca da porta porta (sic)  por donde soben a os orgoos da dita iglesia, entendendo que fasemos noso proveyto et de nosos suçesores, aforamos a vos Fernan de Taboe et a vosa muller, Ygnes Peres, por vosa vida de anbos et por outra persona qual o postremeyro de vos nomear en sua vida ou a o tempo de seu finamento que seia fillo ou filla de anbos, et non avendo y fillo ou filla de ambos que seia aquela persona que nomear o postremeyro de vos, ou quen herdar seus beens ou a mayor parte deles de dereyto non seendo nomeada persona, huna nosa casa que perteesçe a os aniversarios da dita iglesia de Lugo en que vos agora morades et vos, o dito Fernando de Taboe, tinades en foro et ho renunçiastes, a qual esta sita et locada en esta çiudade de Lugo, en a rua Nova desta dita ciudade, a sobre lo portal de San Françisco sub o signo da Capela de San Pedro, a qual esta junta de huna das partes cabo de outra casa de Pedro Afonso de Robra en que el agora mora, et da outra esta junta cabo de outra casa de Viviana, muller de Vasco Lourenço, vesino desta ciudade de Lugo; a qual dita casa vos aforamos et damos en foro, segundo dito he, con sua orta et poço et saydas et entradas et jures et pertinenças que ela ha et debe aver asi de feyto como de dereyto et segundo que ella perteesçe a nos et a os ditos aniversarios et segundo que a vos usastes et tebeste ata aqui, a tal pleito et condiçon que vos tenades a dita casa feyta et cuberta et levantada et portada et ben reparada de todo o que lle feser mester, et a dita persona despoys de vos, en tal maneyra que se non pergan nen vaan a hermo por mingoa de reparamento; et dedes de foro, en cada hun ano, vos et a dita vosa muller oyto maravedis de longos, que os paguedes en a moeda que se pagaren os outros foros da dita iglesia por dia de San Martino de novembre, et a dita postremeyra persona que suçeder en o dito foro que de des maravedis de longos a o dito termino, et con condiçon que a postremeyra persona que suçeder en o dito foro seia tiuda et obligada de se viir mostrar foreyra del a nos, o dito cabidoo, do dia que en el suçeder por foreyra fasta triinta dias primeyros seguentes, sub pena que se o asi non feser que por ese mesmo feyto perga o dito foro.

Et eu, o dito Fernan de Taboe, que presente estou asi reçebo o dito foro de vos, o dito cabidoo, por min et por la dita mina muller et persona por los modos et maneyras et condiçoes sobreditos, et obligo a min et a meus beens et da dita mina muller et persona de complir et pagar et atender todo segundo en esta carta de foro se conten.

Et nos, o dito cabidoo, asi vos lo outorgamos et porque seia çerto outorgamos et mandamos dello faser duas cartas de foro anbas en hun tenor huna para vos, o dito Fernan de Taboe, et vosa muller et persona et outra para nos, o dito cabidoo, et nosos suçessores, et por mayor firmesa mandamos seelar con noso seelo pendente a carta de vos, o dito Fernan de Taboe.

Que foy feyta et outorgada en a dita ciudade de Lugo en a dita iglesia et lugar, dia lunes, des et oyto dias do mes de outubre, ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et çinquoenta et seys anos.

Testemoyas que foron presentes: Afonso Martines de Galdo, chantre; Gomes Garçia de Goyoso, arçediano de Deçon; Gonçalvo Rodrigues de Parga, thesoreyro; Rodrigo Afonso, Juan Ares, Diego Ferrnandes, Lopo Garçia, Juan Ares de Parga, Rodrigo Afonso das Camoyras, et Pedro Martines, canonigos da dita iglesia de Lugo.