GMH/ÍNDICE A-Z

1205
1471, xullo, 13. Lugo
O Cabido de Lugo afóralle a Álvaro Cascón e a dúas voces o lugar de Vila en Meixide, por renda anual de vinte marabedís e outras obrigacións.

MADRID, AHN, Cód. 419 B, f. 42 r.

Sepam quantos esta carta de foro viren como nos as personas canonigos et benefiçiados da iglesia de Lugo, que avayxo seran nonbrados, seendo juntados en noso cabildo dentro en a dita iglesia çerca da porta por donde soben a os orgoos con outorgamento et consyntimento de Roy Lopes de Teyxeyro, rendeyro prinçipal dos aniversarios da dita iglesia de Lugo, damos aforo et avervo a vos Alvaro Cascon, que sodes absente, en persona de Lopo Cascon, voso padre, que presente esta et por vos reçebente este dito foro, et a outras duas personas depoys de vos, huna qual vos nomeardes et a outra qual nomear aquela que por vos for nomeada, et non seendo nomeada que seia quen herdar vosos beens de dereyto et asi da outra persona. Conven a saber que vos aforamos o noso casal et lugar chamado da Villa que esta çerca de Ponte a Canpaya, sub signo de San (espacio en branco)  de Meyxide, con todas suas casas et casares et herdades, brabas et mansas, et montes et rios et prados et pastos et outras quaesquer cousas et dereyturas que lle perteesçen ou perteesçer deban asi de feyto como de dereyto, segundo que el perteesçe a os aniversarios da dita iglesia de Lugo. O qual dito foro vos fasemos a tal pleyto et condiçion que fasta dous anos primeyros seguentes façades et corregades et cubrades as casas do dito lugar et as tenades feytas et cubertas et ben reparadas vos et as ditas personas; et que dedes de foro et çenso et pension, en cada un ano, vos et as ditas personas depois de vos por cada dia de San Martino de novenbro a o rendeyro que agora he, ou a o que for adiante dos ditos aniversarios, veynte maravedis de moeda vella, de des dineyros o moravedi, postos en pas et en salvo en esta çiudade de Lugo en sua casa de morada; et saquedes de monte as herdades do dito lugar, as que iasen en monte, donde sacaren os outros vosos vesynos, et que asi as deyxedes labradas et sacadas de monte, et as casas corregidas et reparadas a o finamento da postremeyra persona; et este foro vos fasemos con tal condiçon que o non vendades, nen enpenedes, nen ho traspasedes, nen dedes a escudeyro, et a outra persona que despois de vos, o dito Alvaro Cascon, subçeder en este dito foro que seia tiuda et obligada de se vinir mostrar et presentar ante o dito cabildo et senores del como he persona deste dito foro et lles lo mostrar et presentar fasta treynta dias primeyros seguentes, so pena que se o asi non feser que por ese mesmo feyto vaque et ho aia perdido et se torne a a dita iglesia.

Et eu, o dito Lopo Cascon, que presente estou por lo dito Alvaro Cascon, meu fillo, et para el asy resçebo de vos, os ditos senores da dita iglesia, este dito foro con todas las condiçoes sobreditas, et obligo a min et a meus beens et os do dito meu fillo et das ditas suas personas de o conplir et pagar et atender todo asi.

Et nos, o dito cabildo, asi vos lo outorgamos con as condiçoes sobreditas. En fe de o qual outorgamos delo por ante o notario et testigos a juso escriptos duas cartas de foro, anbas en un thenor, huna para vos, o dito Alvaro Cascon, et vosas personas, et outra que se lançe en o libro dos aniversarios da dita iglesia de Lugo, et a vosa mandamosla seelar con o seelo do dito cabildo.

Que foy feyto et pasou todo o sobredito en o dito lugar, a trese dias do mes de julio, ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et seteenta et un anos.

Testigos que foron presentes et outorgaron este dito foro: don Johan Afonso, chantre; et don Alvaro Dias, arçediano de Sarrea; et don Gomes Garçia de Goyoso, arçediano de Deçon; et don Gonçalvo Rodrigues de Parrega, thesoreyro; et Rodrigo Afonso da Rigueyra, et Diego Vasques, et Juan Ares de Parrega, et Pedro de Mera, et Gomes Ares, et Roy Dias de Freyxo, et Afonso Martines de Galdo, canonigos; et Fernan Yanes de San Jullao, et Juan Ares [...], et Rodrigo Peres, raçoeyros da dita iglesia de Lugo, et outros.

Et eu Gomes Garçia de Goyoso, clerigo da çibdade de Lugo, notario publico por las abtoridades apostolica et ordinaria, a todo o que sobredito he en un con os ditos testigos et capitulantes presente foy et esta carta de foro, segundo que ante mi pasou et foy outorgada, por rogo et pedimento das ditas partes fielmente escripvi et por ende fise aqui este meu signo et nome acustumados en testemoyo de verdade. Rogado et requerido.