GMH/ÍNDICE A-Z

600
1353, decembro, 16. Lugo

O Cabido de Lugo outorgalles a Pedro Andreu e á súa muller a casa da capela de San Martiño por 20 marabedís anuais.

MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 105v.

Sabeam quantos esta carta virem commo nos Lopo Domingues, thesoreyro da iglesia de Lugo, vigario geeral de don Diego Ferrnandes, dayan dese lugar, et os omes boos do cabidoo desa iglesia et huna peça dos coengos do aniversario, seendo juntados en cabidoo a a seyda da prima con outorgamento de Ruy Leyton, procurador de Fernan Rodrigues, seu fillo, cappellan da capela de Sant Martino, damos et outorgamos para senpre iamays por iur de herdade a vos Pedro Andreu, çapateyro, morador na rua de Çapateria, et a vosa muller, Aldara Ferrnandes, a cassa da dita capella de Sant Martino, que esta cabo a outra vossa casa en que vos ora morades, en dereyto a casa en que mora Fernado Peres, o notario; a qual capella ora ten o dito Fernando Rodrigues, fillo do dito Ruy Leyton; a a tal condiçon conven a saber que avedes a dar et pagar de cada anno vos et a dita vosa muller, et os que ouveren a dita casa de pus de vos, cada anno, para senpre iamays, viinte moravedis en esta maneyra: os seis moravedis a os aniversarios da dita iglesia et os quatorse maravedis a o cappellan que tever a dita capella, d’oyto soldos o moravedi, desta moneda del rey don Affonso que ora corre. Et estes ditos viinte moravedis que os aian de cada anno, segundo dito he, a dita cappella et os ditos aniversarios tanben por esta vosa casa, en que vos ora morades, commo por esta outra dita cassa, et que seiades teudos vos et aqueles que morardes nas ditas casas et en cada huna delas de pagar cada anno por elas os ditos XX moravedis, segundo dito he. Et esta doaçon vos fazemos porque entendemos que he prol da dita capella et dos ditos aniversarios et serviço de Deus; et se estas casas ouveren mester adubo que vos que as façades adubar por vosa custa. Et rogamos e pidimos a don frey Pedro Lopes por la graçia de Deus, obispo de Lugo, que outorgue esto que nos fasemos et o aia por firme por senpre iamays.

Et eu, o dito Pedro Andreu, que estou presente por min et por la dita minna muller assy reçebo de vos, lo dito cabidoo, a dita cassa et obligamos nosos beens para comprir o que dito he.

Et nos, o dito sennor obispo, assy o outorgamos et mandamos que valla en todo na maneyra que dita he. Et que esto seia çerto nos, lo dito cabidoo, et Pedro Andreu rogamos et mandamos a Fernando Aras, notario publico de Lugo, que fesese ende esta carta.

Feyta en Lugo dez et seis dias de dezembro, era de mill et tresentos et noveenta et hun annos.

Testemoyas que foron pressentes: don Garçia Dias, arçidiago de Sarrea; don Vaasco Rodrigues, arçidiago de Deçon; Iohan Dias, Thomas Gomes, Alvar Rodrigues, Diego Martines, coengos; Diego Gomes, raçoeyro; Affonso Eanes, Domingo Eanes, coengos do aniversario, ts.

Et eu Fernando Aras, notario publico de Lugo dado por auctoridade do bispo desse miismo lugar, a esto en commo sobredito he presente foy et por mandado et a rogo das ditas partes esta carta en minna presença en este libro fis scrivir et puge en ela meu nome et meu signal en testemoyo de verdade. (+).