GMH/ÍNDICE A-Z

826
1380, novembro, 20. Lugo

Provisión de Xoán I dirixida a don Pedro, conde de Trastámara, Lemos e Sarria, a don Pedro Ruíz Sarmiento, adiantado de Galicia, a Vasco Gómez de Seixas e a todos os funcionarios reais de Galicia, na cal lles ordena, ante a reclamación presentada polo bispo de Lugo, que non derramen pedidos, peitos nin talas sobre os 988 María José Portela Silva coutos e labradores pertencentes á catedral de Lugo nin sobre os clérigos do bispado, por estaren exentos de tales servizos.

MADRID, AHN, Cód. 417 B, fol. 8r, traslado polo notario Xoán Arias.

LUGO, AC, Tumbillo Nuevo, fol. 124 b) r-124 c) r; ibidem fol. 124 e) v en conf. do mesmo don Xoán de 1380; Tumbo Nuevo, extr., fol. 227r, 232r, 233r en confirmación de Xoán I, 233v con referencia ao Tumbo Viejo, fol. 16v.

SÁNCHEZ BELDA: Docs..., n.º 1220, p. 509.

Cit. LÓPEZ PELÁEZ: El señorío..., I, p. 43.

Eu Johan Aras, notario publico de Lugo por autoridade do sennor obispo desse lugar vi et lii huna carta de noso sennor el rey escripta en pergameo et selada con seu selo de plomo colgado en fios de seda feyta en esta guisa:

Segue a continuación o documento de Xoán I expedido en Burgos: 1379-VIII-15, (CD n.º 802).

et a rogo et petiçon do onrrado sennor don frey Pedro Lopes obispo de Lugo que disso que lle compria, et de liçençia et autoridade do juys Thomas Gonçalves que ho vio et examinou a dita carta et deu autoridade a o traslado que eu dela signasse, que valuesse et feçesse fe ut quer que paresçese commo o verdadeyro original da dita carta, aqui a trasladey et en este traslado puge meu signal en testemoyo de verdade.

Que foy feyto en Lugo viinte dias de novembre, era de mill et quatroçentos et des et oyto annos.

Testemoyas que viron a dita carta: [Rodrigo Yanes] de Burela; Rodrigo Eanes escrivan; Pedro Rodrigues notarios de Lugo, et outros.