GMH/ÍNDICE A-Z

87
1312, abril, 30
foro

Xoán Xes de Miranda afóralles en nome da súa nai a Pedro Míguez e á súa muller, Mariña Martínez, todo o herdamento de Lagocios, en Sabadelle, de foro de quinta ao mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil, por 140 soldos e o foro ao mosteiro.



ACOu, Escrituras X, 6 bis

Enno nomme de deus amen. Sabean quantos esta carta virem que eu Johan Gees de Miranda, fillo de Maria Fonsso, en nomme desta mia madre que non e presente e por seu mando della, a qual devo dar a outorga desta carta, dou e outorgo a foro para senpre a vos Pero Miguez morador en Lagoços e a vossa moller Mariña Martinez que nom e presente, todo o erdamento lavrado e por lavrar, casas, viñas, arvores, cortiñas a monte e a fonte con entradas e seidas e com todos seus dereytos e pertiinças que aa dicta mia madre Maria Fonso e a ella pertiinçen por qual quer razon enna dicta villa de Lagoços e en seu termino, que som na friguesia de Sabadelle, que vos e toda vossa voz aiades e possuiades el en jur derdade para senpre, et lavredes e paredes el bem en maneira que nom deffalesca por mingua de lavor e de boon paramento, et paguedes ende ao moesteyro de Santo Estevoon de Riba de Sil cada anno foro de quinta, et reçebades para vos todos los outros novos e proes que deus y der, et dedes ende aa dicta mya madre e a sua vos de foro cada anno a salvo por dia de Sam Martiño çento e quareenta soldos de qual moeda en Aguiar correr mays chaamente e livre e quite de todo outro enbargo, et outorgo que seiades senpre vos e toda vossa voz com este afforamento anparados a dereyto por min e por todos meus beens gaañados e por gaañar et pelos beens da dicta mya madre, et para lavrar e pagar e conprir commo dicto e. Eu Pero Miguez sobredito obligo min e todos meus beens gaañados e por gaañar. Et he posto qual quer das partes que contra esto passar que peyte aa outra parte de pena Ç mor. de brancos da moeda del rey don Fernando, et esta carta fique firme para senpre. Feyta a carta en Ourense xxx dias de abril, era de mill e ccc e lª annos. Testemoyas que presentes foron Pero Eanes omme que foy do arçidiago dom Martiño, Aras Migueez escrivan, Johan Miguez de Moreyras, Pero Eanes dito Cupiño de Caschamoyña.

Et eu Affonso Eanes notario publico en Ourense e en terra de Aguiar que a esto presente foy e en mia presença o fiz escrivir e meu sinal y puge en testemoyo de verdade.

Este he o trallado da carta sobredita, a qual foy feyta en presença do dito Affonso Eanes notario de Ourense e de Aguiar e signada do seu sinal e con seu nomme segundo que per ella pareçia, o qual trallado eu Tome Anes tralladey de vervo ad vervo a pidimento de Ruy Martinez prelado da igleia de Sam Martiño de Sabadelle e por mandado de Martin Anes juys da terra sobredicta d’Aguiar, o qual trallado foy feyto en Sabadelle vii dias de agosto, era de mill e ccc e çinqoeenta e quatro annos. Testemoyas que a esto presentes foron Johan Aras frade de Santo Estevoon, Vaasco Rodriguez fillo de Rodrigo Aras de Sabadelle, Martin Anes dito Torrado, Johan Santorum, Maçia Anes de Rigueyro, Affonso Barreyros morador en Mellees.

Et eu Tome Anes notario na dicta terra de Aguiar en lugar do dicto Affonso Eanes notario da dicta terra polo arçibispo de Santiago que a esto presente foy e este trallado escrivi e meu sinal y puge en testemoyo de verdade que atal he.

(sinal)