GMH/ÍNDICE A-Z

224
1326, setembro, 22
Cláusula testamentaria de Xoán escribán, clérigo do coro lucense.
MADRID, AHN, Cód. 1042 B, fol. 69r, traslado polo notario Xácome Eanes en 1331.

Era de mill et CCC LXIX annos [...] eu Iacome Eanes, notario publico de Lugo, vy et lii hun testamento de Iohan Scrivan, clerigo do coro de Lugo [...]: «Sabeam quantos esta carta viren commo eu Iohan Scrivan seendo sao et con soude, et temendome dos perigoos deste mundo [...] meu testamento etc». O qual testamento fora feyto por Fernan Peres, notario publico de Lugo, oyto dias por andar de setembre, era de mill et CCC LXIIIIº annos, segundo que se en el contina. Enno qual testamento se contina entre las outras cousas: «Item mando por meu aniversario a a eglesia de Lugo, a quarta de mia casa do forno, en que os coengos han outra quarta, asy en esta maneira en que eu tenno a outra, et en outro dia de Seoane que vaan sobre min et façanme oficio segundo he husado de o faceren. Item mando quatro soldos, que os den por esta quarta deste forno que mando a a iglesia, a hun clerigo que diga huna missa por min et por aquelles a que eu soo tiudo cada anno por dia de Santo Andre, que rogue por min et por elles a Deus.