GMH/ÍNDICE A-Z

97 A

1350, agosto, 18. Vilamaior-Mondoñedo.
Advertencia feita no sínodo diocesano sobre as décimas concedidas polo papa ó rei de España e que moitos cregos non entregaran, polo cal incorreran nas penas de excomuñón contidas nas bulas pontificias.
A, papel, bastante deteriorado, de 370 x 160 mm. Letra gótica cursiva.
Ed.: a. garcía y garcía e e. cal pardo: Synodicon Hispanum. I. Galicia, Madrid, 1981, p. 551.

Era de mill et tresentos et oytaenta et oyto annos des et / oyto dias d-agosto. Seendo o onrrado padre et sennor don / Affonso por la graça de Deus et da santa iglesia de Roma bispo / de Mendonedo en conçello signodal que fesia enna iglesa ca/thedral de Mendonedo con las pesoas coengos et cleresia de seu / bispado que presentes eran et que foran chamados prao dito sig/nodo segundo he de custume de se faser cada anno enna / iglesia de Mendonedo enna presença de min Johan Affonso raçeiro et / notario publico da dita iglesia de Mendonedo Francisco Yanes / coengo da dita iglesia et colledor enno dito bispado das desemas / que nosso sennor o parpa deu a noso sennor el rey disso / que auia muytos clerigos no dito bispado que lle non pagaran as / desemas do primeiro anno et do segundo anno que de quantos clerigos / auia no dito bispado que lle non pagaran as ditas desemas do / dito segundo anno saluo des ou dose que el tinna escriptos / no seu caderno et por esta rason que caeran et estauan / ennas sentenças descomoyon et de suspenson contiudas ennas le/teras et proçessos de noso sennor o papa et de se us exsecuto/res et el por non seer reprendudo de negligençia do ofiçio / que tinna et para mostrar despoys que por el non ficara que de/nunçaua as sentenças descomoyon et de suspenson contiudas ennas / leteras de noso sennor o papa et proçessos de seus exsecuto/res en todos los clerigos da iglesia et bispado de Mendonedo et en / cada hun deles que as ditas desemas non pagaron que asy / os denunçaua enno dito conçello [...4] escomungados segundo se / continna ennas leteras de nosso sennor o papa et ennos proçessos / dos seus exsecutores. Et desta denunçiaçon que fasia pidiu / a min o dito notario que lle dese un publico estrumento para o mostrar ao / mandadeyro de nosso sennor el rey que veesse demandar / as desemas. Testemoyas don Ruy Sanches dean don Gonçaluo Peres archidiago / de Montenegro don Pedro Aras maestrescola don Ruy Fernandes / thesoureyro Garçia Peres Beyto Martines Aras Peres coengos de mendonedo et outros / muytos clerigos da iglesia et do bispado de Mendonedo.
Et eu Johan Affonso raçoeiro et notario sobredito a esto que dito / he con las ditas testemoyas presente fuy et este estrumento / a pidimento de Françisco Eanes, coengo sobredito en minna / presença fis escripuir et en el suscripui et en testemoyo / de verdade puge meu nome et meu signal que tal / he. Esto fuy en Villamayor enna dita iglesia / cathedral de Mendonedo o dia et Era sobreditos et por las ditas testemoyas (Signo).
(Reverso):
Nº 171. Signodo hecho anno de mill et trecientos et ochenta et ocho. Os que non pagaron a decema.