GMH/ÍNDICE A-Z

361
1363, marzo, 22
concesión

O bispo frei Afonso, estando nun sínodo, concédelles aos clérigos do bispado potestade para testar os seus bens patrimoniais, e se tivesen beneficio que conserven a metade del durante un ano e un día despois da súa morte.

ACOu, Diversarum Rerum I, 94

Era de mill e quatroçentos e huun annos, viinte e dous dias de março. Sabban todos que en presença de min Garçia Diaz raçoeiro e notario publico da igleia e çibdade d’Ourense et das tests. adeante escriptas seendo o onrrado padre e señor dom frey Afonso da ordem de Sam Françisco porlla graça de deus e da santa igleia de Roma bispo d’Ourense enna dita igleia cathedral de Sam Maritño d’Ourense çelebrando santo sinodo con dom Gyl Vaasques dayan e con as pesoas e coengos e raçoeiros da dita igleia et con a outra clerizia de seu bispado, disso que fazia ben e merçee aa clerizia do dito seu bispado et espeçialmente aos capellans de Santa Oufemya e dobreyros e clerigos do coro da dita sua igleia en tal guissa que lles dava liçençia e conprido poder que elles e cada huun delles ao tenpo do seu finamento podesen fazer suas mandas e testamentos de todos aquelles beens asi movilles commo reizes que a eles perteeçese de parte de seu patrimonyo et das cousas que fosem eclesiasticas et que elles gaañaran e gaañasem ata o dia de seu finamento, et se alguun delles ouvesse beneffiçio e possuyndoo por espaço de tenpo et con justo titollo que podese aver del ata huun anno e huun dia da hora do seu finamento a meadade de todos aqueles beens e coussas que perteeçesem ao benefiçio de cada huun delles para seus testamentos e mandas porlos ditos beens e cousas seeren conpridas mays conpridamente e que os podese mandar et ordinar delles commo tevesem por bem e ho fose prol e soude de suas almas. Et esta merçee lles fazia e outorgava segundo que lla mays conpridamente fezera e outorgara dom Johan seu anteçesor bispo que foy d’Ourense, et prometeu de non viir contra ello em nihuna maneira por sy nen por outro. Et mandou a min dito notario que lles dese ende huun ou muytos publicos estormentos para garda do dereito de cada huun delles. Esto foy em Ourense enna dita igleia cathedral, era, dia, mes sobre ditos. Testemoyas o dito dayan, dom Martin Moxe arçidiago de Limia, Gonçalvo Nunes meestre escola, Afonso Peres thesoureiro, Garçia Fernandes, Gonçalvo Eanes de Noya coengos da dita igleia et outros.

Et eu Garçia Diaz raçoeyro e notario sobredito da dita igleia e çidade d’Ourense porlo bispo e igleia desse logar a esto con as ditas testemonyas presente foy e meu meu nome e signal aqui puge en testemonyo de verdade que tal he. Et este dito scrito en mina presença de verbo a verbo fis scripvir.

(sinal)