GMH/ÍNDICE A-Z

292
1348, marzo, 21
foro

O cabido afóralle a tres voces a Martín González de Golfariz, clérigo do coro, unha casa por 20 libras e un puzal de viño.

ACOu, Escrituras V, 14

(...) viren commo eu Gonçalvo Peres da Triidade coengo e vigairo de dom Pero (...) seendo juntado o cabidoo d’Ourense enna costra nova de Sam Martiño per (...) de huso e de custume de faseren cabidoo, con outorgamento do dito cabi(doo ...) a vos Martin Gonçalves de Golffaris clerigo do coro d’Ourense a casa de fondo (...) con seu seido, daquelas duas casas que o arçidiago Veralt Affonso que deus perdone (...) moran os alffagimes, que entesta con a casa de çima que ten de nos afforada Pero (...)fagime e sua moller Sancha Fernandes e en fondo entesta ennas casas do cabidoo que ora ten de nos Pero das Calças, et a tres voses apus vos succesyve, a qua quaes casas nos o dito cabidoo conpramos dos herees do dito arçidiago Veralt Affonso,. Et douvola por tal condiçon que a mantenades e lavredes e reparedes ben de to(do o) que ouver mester enno dito tenpo por vossa custa. Salvo ende se caesse porlo fondamento asy commo he custume do cabidoo e a ben vista de dous meesteyraes ajuramentados sobre santos evangelios. Et dedes ende cada anno dalugueiro a nos o dito cabidoo por dia de Santa Ouffemea viinte libras de brancos da moeda de nosso señor el rey don Affonso que ora corre de que contan tres soldos por quatro diñeiros. Et outrossy que paguedes a aquel que tever arrendado o nosso mes de mayo huun puçal de viño de lagar de cada anno ao novo. Et se por ventura vos enno dito tenpo quiserdes vender ou enpeñorar a dita casa que a vendades ou enpenoredes ante a nos o dito cabidoo polo justo preço ca a outre. Et se por ventura nos o dito cabidoo \non a quisermos/ conprar nen supenorar que enton seendo nos ante frontados que a vendades ou enpenoredes a atal perssoa que seia seme(...) non seia cavalleiro nen escudeiro nen omen dorden nen religiosa persoa (...) de nihuun. Et se por ventura sobresto recleçer contenda ontre nos e (... deter)mine por dous omes boons do cabidoo tomados a prazer das partes sen (... apel)açon. Et eu o dito Martin Gonçalves obligo min e todos meus beens eclesiasticos (e segl)ares asy movilles commo reyses hu quer que os eu ajo para pagar e para manteer (...)r e reparar a dita casa enno dito tenpo de todas as cousas que ouver mester (...) do fondamento commo dito he e agardar todas as cousas sobre ditas e cada huna (del)as. Et nos o dito vigairo e cabidoo obrigamos os beens da nossa mesa para vos anparar a dereito con a dita casa. Et por que esto seia çerto e non veña en dulta mandamos vos ende dar esta nossa carta escripta en purgameo e seelada con nosso seelo pendente. Feita a carta enno dito cabidoo, sesta feyra, viinte e huun dia de março, era de mill e trezentos e oyteenta e seis annos.

Et eu Ruy Peres coengo teente (o) seelo do dito cabidoo a fige escrivir e a seeley per mandado do dito vigayro et cabidoo (...) mes, dia et era et anno sobreditos.