GMH/ÍNDICE A-Z

483
1434s/d
Dominga Pérez, moradora na Valenzá, vende a Lourenzo Pérez, morador en Seixalbo, unha leira de viña, con foro de quinta ao Cabido, por 200 mrs. (fols. 145v-146)

Carta de Lourenço Peres.

Sabean quantos esta carta de venda viren como eu Dominga Peres, moller que foy de Domingo Peres vesiño et morador que foy enna çibdade d’Ourense enna Rua da Ayra, \moradeira que agora soon enna Balançaa/ vendo firmemente por min et (fol. 145v)

por toda miña voz et logo por esta presente carta entrego a vos Lourenço Peres que sondes presente e a vosa moller Eynes Peres que non he presente, moradores en Seixalvo, et a todas vosas voses para senpre, conben a saber que vos vendo huna leyra de viña que jaz en termino da dita aldea de Seixalvo, onde chaman Peyllon, et parte de huna das parte con outra viña de Martin Juis et en baixo con viña do dito Martin Juis e da outra parte con congostra que vay para Seixalvo et en çima en viña que foy de Joan da Igleia. Vendo vos a dita viña con todas suas entradas etç. por tal condiçon que a labre e pare ben e façades dela foro de quinta ao cabiidoo da igleia d’Ourense e do al vendo vosla de disemo a deus por preço de dosentos mrs. branca en tres dños. de que me dou et outorgo de vos por entrego et ben pagado et renunçio etç. e se mays val dou vosla en pura doaçon etç. et por esta presente carta vos poño enna posison etç. et obrigo todos meus beens de vosla faser saan et de paz etç. et renunçio etç. et qual quer da miña parte etç. Penna dosentos mrs. etç. Tests. que foron presentes Afonso Estevees de Vylaescusa e Gomes Peres de Seixalvo et Rodrigo criado do dito Afonso Estevees.

Et logo en este dito día e ora et por estas tests. poseron condiçon que cada huun que page a sua parte da alcavala. (fol. 146)