GMH/ÍNDICE A-Z

504
1434s/d

Lourenzo de Solbeira traspasa a Afonso Anes da Carballeira catro piteiros de viña, por non poder cumprir as cláusulas do contrato, coa condición de que mentres viva se repartan a medias traballos e beneficios e logo fiquen integramente para o segundo, que fará fronte aos foros de sexta que os gravan. (fol. 156-156v)

Carta de Afonso Yanes da carbaleira, pagadas V brancas.

Sabean quantos esta carta de traspasaçon viren como eu Lourenço de Sorveira, morador en Sorveira, por rason que eu teño enna aldea de Seixalvo quatro piteiros de viña, dos quaes hun delles jaz onde chaman Riaçoon, et parte con viña de Martin de Calvos et topa enno regato et da outra parte con viño de Lopo ferreiro et ho piteiro jaz en Lamellas et parte con viña de Lourenço da Igleia e da outra parte con viña de Afonso Peres de Pereiras e vay topar enna congostra vella, et ho outro piteiro estes dous son foreiros ao bispo et ho outro pyteiro jaz enno Amedoo e parte con viña de Pero Domingues e da outra parte con viña de Martin Brabo et en cabeça en viña de Gonçalvo Martines juis et de Gonçalvo Anes carteiro et en baixo no rigeiro et ho outro jaz no Chaao e he foreiro ao bispo, e parte con viña de Joan de Carbaliços et da outra parte con viña de Joan do Outeiro, et este he de foro de sesta ao bispo, os et por quanto eu ja teño dado e traspasados ameatade delles dos ditos leiros de viña en vos Afonso Yanes da Carbaleyra, morador enna freigesía de Santa Crus da Rabeenda, et por quanto os non poso lavrar nen parar ben ben segundo que soon obrigado etç., por moytas boas obras etç., por ende eu dou et traspaso en vos o dito Gonçalvo \Afonso Anes/ da Carbaleira et que sondes presente et en vosa moller Elvira Anes que non he presente et por lo tenpo e voses que o eu teño, os ditos quatro piteiros de viña (fol. 156)

de suso nomeados, os quaes traspaso en vos por tal condiçon que eu en toda miña vyda que aja ameatade da novidade dos ditos quatro piteiros de viñas et vos o dito Gonçalvo Afonso Anes da Carbaleira a outra ameatade et que labremos anbos de por meo e collamos a novidade de por medeo et a levemos de por medeo en todo tenpo da vyda de min o dito Lourenço de Sorveira et que ... a miña morte que fiquen os ditos quatro piteiros livres et quites a vos o dito Gonçalvo \Afonso Anes/ da Carbaleira e a dita vosa moller e a vosas voses por lo tenpo e foro et condiçoens que os eu teño et façades delles foro de sesta dos dous a Garçia delles ao bispo d’Ourense que jasen Lamelas e no Chaao e do outro que jas en Ryaço foro de sesta a Garçia (Graças) et do Amedoo foro de sesta ao cabiidoo et a miña morte que diades a min ou a quen eu mandar para miña enterramento çento e triinta mrs. branca en tres dños. e do al traspaso en vos os ditos quatro piteiros de viña de disemo a deus etç. et logo todo jur, dereito etç. e por esta presente carta vos poño enna posison etç. e obrigo os beens do dito cabiidoo etç. Penna dosentos mrs. etç. Tests. que foron presentes Joan de Santiago e Afonso Tato e Pero de Castro moradores en Seixalvo e Afonso Rodrigues de Piñor e Afonso de Salasedo. (fol. 156v)