GMH/ÍNDICE A-Z

196
1331, maio, 22
foro

O cabido afóralle a catro voces a Gonzalo Pérez do Mato, notario, unhas casas na rúa Nova, previamente recibidas do pedreiro Martín Rodríguez, por 5 mrs.

ACOu, Escrituras XVI, 29

Sabean quantos (...) Affonso Viviaez coengo e chançeler da çidade d’Ourense e das tests. adeante scriptas seendo o cabidoo da dita igleia (...) tanguda na costra nova hu e custume de se faser, presente y don Vaasco Peres dean, esses dayam e cabidoo reçeberon (...) Gonçalvo Peres do Mato notario d’Ourense de hunas casas con seu seydo que esse cabidoo a na rua Nova, das quaes (...) o soar delas a Martin Rodrigues pedreyro e a Moor Domingues sua moller, et reçeberonno por foreiro en est maneira (...) teña e pessuya por sy ou por outro as ditas casas en sua vyda et que as teñan por el a sua morte quatro voses (...) pus outra asy que o dito Gonçalvo Peres nomee a primeira et este nomee a sigunda et a sigunda nomee a terçeyra et a terçeyra nomme a quarta, et se nomeadas non foren por cada hun que seia vos nas ditas cassas aquel que ficar heree de cada huna das ditas voses, et aa morte desta pustrimeira vos as ditas casas fiquen livres e dessenbargadas ao dito cabidoo. Et (que o) dito Gonçalvo Peres e cada huna das ditas voses paguen cada anno ao dito cabidoo çinqo mor. de brancos da moeda del rey don Fernando. Et o dito cabidoo anpare o dito Gonçalvo Peres e sas voses con as ditas casas a dereito no dito tenpo. Et seian aguardadas entre eles as outras condiçoens que na carta do afforamento som conteudas, pela qual carta as ditas casas foron afforadas ao dito Martin Rodrigues e sa moller. Et desto en commo passou o dito Gonçalvo Peres pedio a min chançeler sobredito que lle desse hun stromento, et eu deylle ende este. Que foy feyto no dito cabidoo, viinte e dous dias de mayo, era de mill e ccclx e nove annos. Tests. que presentes foron Gonçalvo Rella moordomo do dito cabidoo, Lourenço Eanes \clerigo/ de Nugueira, Affonso Eanes notario d’Ourense, Bertholameu Perez morador no Canpo.

Et eu Affonso Viviaez coengo e chanceler sobredito que a estas cousas presente foy e en mia presença as fige escrivir e este meu sinal y puge.

(sinal)

[reverso] Litera capituli.