GMH/ÍNDICE A-Z

444
1388, novembro, 25

foro

Os clérigos do coro afóranlles a perpetuidade a Domingo Rodeiro é á súa muller, María Martínez, un soar con eixido onde chaman A Bugalla, alén da Porta da Aira, por 5 maravedís.

ACOu, Clérigos do Coro, 43

Sabbean quantos esta carta viren que nos Johan Anes e Fernan Rodrigues capellaens de Santa Oufemia et Roy Copello et Vaasco Çide et Roy Lourenço dobreyros da igleia d’Ourense et Marcos Domingues, Afonso Peres et Roy do Pe e Johan de Souto et Afonso Fernandes capellan de Santa Maria a Madre et Johan d’Agoada et Johan de Sam Johan et Pero Anes et Johan de Canbeo et Garçia Rodrigues et Rodrigo clerigos do coro da igleia d’Ourense et Martin Anes procurador da universidade, por nos et en nomme da dita universidade, damos et outorgamos a foro a vos Domingo Rodeiro morador en Ourense enna rua das Chousas que sodes presente et a vosa moller Maria Martines que non he presente et a todas vosas voses para senpre, conven a saber esto que vos afforamos, hun soar que foy casa con seu seido que a dita universidade ha hu chaman a Bugalla, aleende a porta da Ayra, o qual soar et seido parte da huna das partes con cortyna que foy d’Alvaro Sanches et da outra parte con casarellos que foron casas de (...). Aforamos vos o dito soar et seido con suas entradas e seidas et con todos seus dereytos et perteeças por tal pleito et condiçon que façades em elas o que vos conprir et for vosa voontade, et dedes ende cada anno en paz et en salvo aa dita universsidade por dia de Sam Martiño do mes de novenbro çinqo mor. de diñeiros brancos de des diñeiros novees cada mor. ou a estimaçon delles enna moeda que correr. Et do al que ajades o dito soar et seido de disimo a deus et livre et quite de todo outro enbargo et encarrego algun. Pero he posto, se non pagardes os ditos çinqo mor. ao dito dia que o mordomo da dita universidade vos posa penorar por elo sen penna alguna. Et para vos a[n]parar et defender a dereito con esto que vos aforamos segundo dito he obligamos todos los beens da dita universidade gaañados e por gaañar. Et eu o dito Domingo Rodeiro que soon presente asy reçebo de vos a dita universidade o dito soar et seido afforado segundo dito he obligo todos meus beens gaañados e por gaañar. Posto foy et outorgado que qual quer de nos as partes que contra esto for ou pasar et o non conprir et agardar que peyte a outra parte que o conprir et agardar quiser por nomme de penna et interesen çen mor. da dita moeda, et a dita pena pagada ou non esta carta et as cousas en ela contiudas vallan e fiquen firmes para senpre. Feyta a carta em Ourense, viinte e çi[n]qo dias do mes de novenbro, anno do naçemento do noso señor Ihesu Cristo de mill e trezentos et oyteenta e oyto annos. Tests. que foron presentes Johan Fernandes e Johan de San clerigos do dito coro e Gonçalvo Oureiro notario d’Ourense e Roy de Montes vesiños d’Ourense e outros.

>Et eu Vaasco Martines notario publico da çidade d’Ourense por la igleia desse lugar que a esto que dito he presente foy e en miña presença o fis escrivyr et en esta carta que ende dey aa dita universidade meu nomme e meu sinal fis en testemunyo de verdade que tal he.

(sinal)

[reverso] Carta da casa da Bugala.