GMH/ÍNDICE A-Z

121

febreiro, 27

Iudá Pérez, recadador, dá por pagados os 1.500 mrs. de Gonzalo Anes, mercador. (fol. 38-38v)

Gonçalvo Yanes mercador.

A XXVII dias de fevereiro que foy sabado, Yuda Peres recadador do obispado d’Ourense, por sy et en nome de Martin Sanches abade se ou da Triindadade et provisor do obispado d’Ourense, se outorgou por pago de Gonçalvo Yanes mercador vesiño d’Ourense de de mill et quiñentos mrs. de moeda vella contando branca en tres diñeiros, os quaes ditos (fol. 38)
et quiñentos mrs. del reçebeu en pago da conpra das casas que o dito Gonçalvo Yanes mercou, que foron de Pero Fernandes de Siabal notario, que esta a sobre Santa Maria a Madre ao qanto que vay para a carniçaria, as quaes conprou con seu lagar que en elas seen e deuse por pago dos ditos IMD .- por sy et en nome do dito Yuda Martin Sanches. Tests. Afonso Garçia de Tolledo, Afonso Garçia de Arevallo, Fernando Gonçalves clerigo do Pineiro e Gonçalvo seu criado e Joan do Bouteiro.