GMH/ÍNDICE A-Z

192

abril, 10

Afonso Bernáldez denuncia ante o xuíz ao xastre Afonso Caldelas por agredilo cun legón. (fol. 62)


Afonso Bernaldes.

En este día Afonso Bernaldes deu querella de Afonso Caldellas \a mestre Fernando/ disendo que en como o dita donte a noyte, sesta feira, que foran IX dias deste dito mes, estando el manso en seguro en casa de Pero Lopes carpenteiro et seyndo porla porta da rua, que aderençara a el Afonso Caldelas alfayate et que lle dera hun golpe, e en coydando que lle dava porla cabeça que lle dera con hun legon huna gran ferida etç., por ende que dava del querella ao dito mestre Fernando que o prendese etç. Tests. Afonso Rodrigues pintor et et Rodrigo Afonso notario, Joan do Bouteiro. ( fol. 62)