GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Libro de Notas de Álvaro Afonso

203

abril, 20

Na igrexa de San Lourenzo de Piñor, o vigairo do bispo constrinxe aos moradores do couto a que paguen os pedidos. (fol. 65v)

Et despois desto, día martes viinte dias do mes de abril, enno adreo da igleia de San Lourenço de Piñor, estando y presente Martin Sanches abade e provisor do bispo d’Ourense et outrosy estando y presentes Lopo de Mugares e Diego de Merii, meyriño dos coutos do bispo et outrosy estando y presente Gonçalvo Martines de Noalla e Gonçalvo de Trella e Alvaro da Bargea, Gonçalvo Peres, Afonso Beesteiro, Fernando Garçia Joan de, Gonçalvo de Godejaas et Joan Rodrigues da Bargea, Afonso Gonçalves, Lourenço Fagan, Alvaro d’Ervedello, Joan Vidal, Joan Frade, Gonçalvo Rodrigues Rodrigo de Roma moradores en Piñor, Joan Gonçalves, Rodrigo da Caal, Pero Pero Yanes, logo o dito vigario diso que mandava aos ditos moradores que eran presentes que pagasen os mrs. que devian dos pedidos de noso señor el rey de todos los annos pasados e que pagasen ata domingo primeiro sigente os que estavan repartidos e que mandava ao dito Diego de Meríí que os collese os ditos mrs. e apremease aos ditos labradores que os pagasen ao dito termino, et que os outros que estavan por repartyr que os reparasen logo en tal maneira que os pagasen e lles mandava que os desen colledos en fin deste dito mes todos los ditos mrs., sopenna de seseenta mrs. a cada huun et de pagar todos los males que sobre elo recreçesen e que todo o asy mandava por sua sentença. Tests. que foron presentes Lopo de Mugares, Gil Fernandes e o dito Diego de Merii.