GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Libro de Notas de Álvaro Afonso

472
1434s/d

Afonso do Vale, cumpridor de Gonzalo Anes, morador que foi na Valenzá, vende en pública poxa a Gonzalo Meiriño por 900 mrs. unha viña, foreira de sexta ao abade da Trindade. (fol. 140-140v)

       

Carta de Gonçalvo Meyriño.

Sabean quantos esta carta de venda viren como eu Afonsso do Vale, heree e conpridor et testamentario que soon et fiqey de Gonçalvo Yanes (- - -) morador que foy enna Balançaa, por rason que o dito Gonçalvo Afonso Yanes mandou vender huna leira de viña \con todo/ que jaz enna Balançaa onde chaman a Forcadura, a qual parte de huna das partes con viña de Joan Afonso das Lamas et da outra parte con viña de Pero Migees, en baixo en viña de Afonso Rodrigues das Lamas et en çima entestata en o monte, et a qual dita leira de viña eu deyten a vender a pregon et a leylan por esta çidade a quen por ela mays dese e enna aldea da Balançaa, et non achey quen por ela mays dese de conpra que vos Gonçalvo Meyriño que estades presente, que se rematou en vos por contía de novçentos mrs. branca en tres dños., por ende eu etç. vendo vos a dita leyra de viña de suso demarqada por lo tenpo e voses que a o dito Gonçalvo Yanes, asy que vos e vosas voses ajades des aqui endeante etç. por condiçon que façades ao abade da Triindade o foro que o dito Gonçalvo Yanes hera tiudo, que he foro de sesta, et do al vendo vosla de disemo a deus por los ditos noveçentos mrs. branca en tres dños. por que en vos foy rematada, dos quaes me dou por pago et renunçio etç. et por esta presente carta vos poño enna posison etç. Obrigo os beens do dito Gonçalvo Yanes e mays os beens do dito abade que ao dito Gonçalvo \Yanes/ eran obrigados para vos faser (fol. 140)

saan e de paz a dita leyra de viña et para vos defender con ela a dereito etç. e renunçio etç. Penna quiñentos mrs. etç. et eu o dito Gonçalvo Meyriño obrigo meus beens de faser o dito foro ao dito abade porla dita viña etç. Penna quiñentos mrs. etç. e a el rey outros tantos etç. Tests. Pero Carneiro, Gomes Yanes coengos enna igleia d’Ourense, Alvaro Afonso, Goterre Afonso rejedores, Pero Rodrigues carniçeiro.