GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Fragmentos de notarios

D37
1459, marzo, 19
Diego Fernández, a quen Pedro tomara bens por razón dunha represalia e estaba en prisión, testemuña ante os xuíces que xa lle foron devoltos e solicita a súa liberdade. (fol. 13)

Diego Fernandes.

(...)pois desto enna dita çidade, que eran d(...) nove dias do dito mes, en Ourense, Gomes d(...)gares et Vasco Gomes estando enna Praça (...)po, Diego Fernandes diso que por rason Per(o ...)mos morador en Santo Andre de Vende tomara et represara a el, dito Diego Fernandes, çertos beens e outras cousas et agora contentava ao dito Diego Fernandes de todo o que lle asy tomara et o dito Diego Fernandes se dava por pago del et de todo o que lle tomara et lle perdoava enno amor de deus et que pedia aos ditos juises que por quanto o tinan preso por rason do que lle asy tomara, que o desen por livre et quite et o soltasen da dita prijon. Et os ditos juises diseron que por quanto o prenderan a petiçon do dito Diego Fernandes et el era contento e lles pedía que o soltasen da dita prijon, que o soltavan et o davan por livre et quite da dita prijon e da dita querella. Tests. Ares Fernandes mercador, Afonso barbeiro, Fernando meu criado. (fol. 13)