GMH/ÍNDICE A-Z

392
1374, febreiro, 9 (Gondiás)
compañía

Xoán de Lamagrande e outros reciben a Afonso Rodríguez como compañeiro na terceira parte do casal de Lamagrande, que teñen aforado de Lopo Rodríguez de Sabadelle.

ACOu, Escrituras X, 56

Sabeam quantos esta carta viren que eu Johan de Lamagrande morador en Gondiaans et eu Fernan Eanes de Paaços, por nos e en nomme de nossas molleres Elvira Peres e Maria Fernandes que non son presentes, as quaes prometemos e outorgamos de dar aa outorgaçon desta carta e do que en ella he contiudo se conprir sub obrigaçon de nossos beens que para ello obrigamos, collemos e reçebemos por conpaneiro a vos Affonso Rodrigues morador enno dito lugar de Lamagrande et a vossa moller Moor Martines e a toda vossa vos para por senpre ao aforamento do cassar que nos afforamos de Lopo Rodrigues escudeiro de Sabadelle que esta enno dito lugar de Lamagrande, assy que vos et a dita vossa moller e toda vossa vos aiades a terça parte do dito cassar et das cassas e herdades e arvores que lle perteençen, por tal pleito e condiçon que o lavredes e paredes ben en maneira que non deffalesca por mingua de lavor e de boon paramento, et façades del foro de quarta ao dito Lopo Rodrigues de todo pam e da legumea que deus y der, et pagedes a terça parte cada anno das seis libras de brancos que nos avemos de pagar cada anno de dereitura do dito cassar ao dito Lopo Rodrigues por dia de Natal et a terça parte de dez soldos de pan branco e de quarta de viño cada anno que nos avemos de dar ao dito Lopo Rodrigues, et que pagedes a terça parte dos dose mor. que nos avemos de pagar por loytosa, et que cunprades e aguardedes as condiçoens que se conteen na carta do aforamento por que o nos aforamos do dito Lopo Rodrigues, et aiades a dita terça parte do dito cassar livre e quite de todo outro enbargo fasendo disimo a deus. Et obrigamos todos nossos beens e os beens do dito Lopo Rodrigues que a nos son obrigados para que vos e a dita vossa moller e vossa vos seiades anparados e deffesos senpre a dereito con a dita terça parte do dito cassar que vos damos e en elles collemos e reçebemos commo sobre dito he. Et eu o dito Affonso Rodrigues que soon presente por min e polla dita mina moller Moor Martines que non he presente e por nossa vos assy reçebo de vos os ditos Johan de Lamagrande e Fernan Eanes a dita terça parte do dito cassar que nos dades e en elles colledes e reçebedes commo sobre dito he, et para lavrar e parar e conprir as condiçoens sobre ditas e cada huna dellas obrigo a vos todos meus beens gaanados e por gaañar. Et he posto entre nos as ditas partes que a parte que contra esto pasar e o non quiser conprir e agardar que peyte aa outra parte que en ello quiser estar e o conprir e agardar por nome de pena çen mrs. da dita moeda e a vos del rey outros tantos et a dita penna pagada ou non esta carta e o que en ella e contiudo fique firme e valla para senpre. Feita a carta en Gondiaens, sabado nove dias de fevereiro, era de mill e quatroçentos e dose annos. Testemuyas que foron presentes (...) Pero Anes de Modorra, Ares Paes de Gondiaas e outros.

Et eu (Pero Martines) notario publico de terra de Aguiar por Gonçalvo Garçia notario da dita terra porlo arçibispo e igleia de Santiago a esto que sobre dito he presente foy e esta carta escripvi a pedimento das ditas partes e meu nome e sinal aqui puge en testemuyo de verdade.

(sinal)

[reverso] Carta de Lamagrande.