GMH/ÍNDICE A-Z

41

1417, maio, 10.
O Concello ordena ó pregoeiro que dera pregón para as persoas ás que se lle peñoraran garantías que tiñan tres días para retiralas, en caso contrario as ditas garantías serán vendidas.
O Concello ordena o pagamento de 100 maravedís a Afonso da Cana, servente do mesmo.
O Concello ordena ó procurador Bernal Yáñez del Camino que dos maravedís que debía cobrar a Juan Durán, descontase 40 maravedís que este gastara no proseguimento do preito que lle foi movido por Fernan García, alfaiate, que o acusou de empadroalo maliciosamente.
Dos dias do mes de mayo. Sabean todos que seendo juntados en consistorio enno sobrado da notaria de min Rui Martines, notario da çidade de Santiago, os alcalles et regidores jurados11.

Des dias do mes de mayo. Sabean todos que seendo os alcalles e regidores jurados et omes bõos da çidade de Santiago juntados en consistorio enno sobrado da notaria de min Rui Martines, notario da dita çidade, segundo que han de uso et de costume, presentes ende Fernand Ares Xarpa et Pero Yanes Abraldes, alcalles da dita çidade et Martin Serpe et Gomes Rodriges, bachiller en Decretos, Fernan Gonçalves do Preguntoiro, Afonso Fernandes Abril, Martin Galos, Juan Ares da Cana, regidores jurados enna dita çidade et en presença de min o dito Rui Martines, notario et das testemoyas adeante scripttas; logo enton os ditos alcalles et regidores diseron que por quanto Bernald Yanes et Gil Peres, procuradores do conçello da dita çidade et Juan da Caña, fiel de alcavala dos paños da dita çidade lles feseran //
(Fol. 18)
relaçon disendo os ditos procuradores que ouveran piñorado çertas prendas a algũos vesiños da dita çidade por quanto lles non quiseran pagar os maravedis en que foran repartidos da renda que este anno se collera et repartira enna dita çidade et eso mesmo lles disera o dito Juan da Cana en como el et os outros fiẽes que con el foran postos enna dita renda da alcavala dos paños tomaran çertas prendas a algũos outros vesiños da dita çidade por quanto non quiseran pagar os maravedis en que eles os repartiran da toma que noso señor o arçobispo de Santiago fesera este dito anno enna dita renda et que as taes personas a quen asy ouveran tomado as ditas prendas non as querian quitar nen pagar os maravedis que sobre elas devian por la qual rason eles diseran que non podian pagar os moravedis que asi foran repartidos enna dita çidade as da dita renda como eso mesmo da dita toma poys que os non podian cobrar daqueles que os devian et lles pediran et requireran que proveesen sobrelo; por ende que eles querendo remediar sobrelo mandavan et mandaron a Domingo Longo, servente et pregoeyro do conçello da dita çidade que dese pregon publicamente por las praças da dita çidade que todas personas a quen os sobreditos ouveran tomado prendas algũas por la dita rason que doje a terçer dia as viesen quitar et non as quitando ao dito termino que mandavan aos sobreditos que as vendesen a quen por eles mays dese segundo costume da dita çidade et que as ditas personas cujas eran as ditas prendas non as podesen despoys demandar aos sobreditos. Testemoyas que a esto foron presentes Vaasco Fernandes Troquo et Juan Duran, mercador vesiños da dita çidade et Fernan Vieytes, servente do dito conçello et outros.
Predito. Os ditos alcalles et regidores sobreditos, mandaron a Gil Peres, procurador do dito conçello, que presente estava que de quaesquer maravedis que por lo dito conçello recabdava ou avia de recabdar que dese et pagase ende a Afonso da Cana servente do conçello da dita çidade çen maravedis, contando blanqua a tres dineiros para en pago de seu selario que el avia de aver do dito conçello este dito anno et que mandavan que fosen reçebidos en conta a o dito Gil Peres os ditos çen maravedis. Testemoyas os sobreditos.
Predito. Os ditos alcalles et regidores, mandaron a Bernald Yanes do Camiño, procurador do dito conçello que presente estava que dos maravedis que avia de cobrar de Juan Duran, mercador, da renda que este anno fora repartida enna dita çidade et en que el fora repartido que lles descontase ende quoreenta maravedis, contando blanqua en tres dineiros que o dito Juan Duran gastara en prosegimentto do pleito que lle fora movido por Fernan Garçia alfayate disendo o dito Fernan Garçia que o dito Juan Duran asi como postor et encanavador que fora da dita renda enna colaçon de San Vieyto o encanavara maliçiosamente enna dita renda seendo el escusado de pagar en ela por sẽer ofiçial da iglesia de Santiago. Testemoyas os sobreditos.
 

11 Este parágrafo está testado e pouco despois comeza o texto do acordo que se ía poñer aquí.