GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da Catedral de Lugo. Século XV

1199
1471, febreiro, 25. Lugo
O vigairo lucense e o Cabido afóranlles a Fernán Ares e a dúas voces os lugares de Perros e Xuriz, máis nove tercias de pan e sesenta soldos na igrexa de San Román de Retorta, por renda anual de cen marabedís.

MADRID, AHN, Carp. 1333 C/6 (bis), perg. orix., galego, cortesá, 300 x 205 mm; Cód. 419 B, f. 41 v.

Sepan quantos esta carta de foro viren como nos Johan Afonso, chantre en a iglesia de Lugo, provisor et vicario general en a dita iglesia et obispado de Lugo por lo reverendo en Christo padre et senor don Garçia de Vaamonde, Obispo de Lugo, et as personas canonigos et benefiçiados da dita iglesia de Lugo, que estamos presentes et outorgantes, sendo juntados en noso cabilldo dentro en o thesouro da dita iglesia chamados por son de canpana, segund que avemos de uso et de custume, avendo primeyramente noso acordo et deliberaçion, damos aforo et avervo a vos Fernan Ares de Prado, fillo de Pedro Ares de Prado, que Deus aia, et de Tereya das Seyxas, sua muller, por toda vosa vida et de outras duas personas depois de vos huna qual vos nomeardes en vosa vida ou a o tenpo de voso finamento et a outra qual nomear aquela que por vos for nomeada, et non seendo nomeada que seia quen herdar vosos bees de dereito ou a mayor parte deles, et asi da segunda persona. Coben a saber que vos aforamos os lugares de Perros et os de Osoris et mays nove terças de pan et sesenta soldos de cada ano por lo pe do altar da iglesia de San Romao de Retorta, et o pan por la medida da dita iglesia, et con mays o jur de apresentar a metade da dita iglesia de San Romao, os quaes ditos casares de Perros et Osoris et nove terças de pan et sesenta soldos et jur de apresentar vos asi aforamos por vos et por las ditas duas personas con todas suas dereituras et pertenenças et entradas et saydas et montes et pastos et prados, segund que os de nos tevo en foro Ruy Lopes d’Andrade, que Deus aia; os quaes casares jasen et son sitos su o dito signo de San Romao de Retorta, por los quaes ditos bees et cousas sobreditas nos avedes a dar en foro, en cada un ano, vos et as ditas personas depoys de vos çen maravedis de moeda vella, contando des dineyros por cada moravedi, et avedeslos de pagar por dia de San Martino de novenbre de cada ano en esta çiudade de Lugo en pas et en salvo, sen expepçion nin contradiçon alguna a o moordomo et destribuydor das outras rentas do dito cabilldo. O qual dito foro vos fasemos et outorgamos con consentimento et outorgamento do dito Johan Afonso, chantre et provisor, prestameyro de prestamo coonisible de Perros, et con tal condiçion que o non posades partir nin debidir con persona alguna, nen vender, nen enallar, nin sopinorar os ditos bees, nin parte deles, sin liçençia do dito cabilldo, et avedes de labrar, ou faser labrar, os ditos bees et casares et casas deles et manteerlos en boo estado et paramento, et as casas feytas vos et as ditas personas, et a finamento de vos et da postrimeyra persona que os ditos casares et bees et jur de presentar et todas las cousas sobreditas fiquen libres et quitos et desenbargados con todos los boos paramentos que en eles foren feitos a o dito cabilldo; et os caseiros que labraren as ditas herdades et casares durante o dito foro an de ser defendidos et guardados, segund os outros caseiros da dita iglesia. Et mays que cada persona que depois de vos, o dito Fernan Ares de Prado, suçeder en este dito foro seia tiuda et obligada de se viir mostrar et presentar con este dito foro como he persona del ante o dito cabilldo do dia que en el suçeder por persona fasta çinquenta dias primeyros seguentes, su pena que se o asi non feser que por ese mesmo feyto ho aia perdido et perga et se torne a nos, o dito cabilldo; et se algun pleito ou letigio se recresçer sobre este dito foro nos, o dito Fernan Ares, et vosas personas vos paredes a el et ho sigades a vosas custas et expensas, et que non posades nomear por persona deste foro ome poderoso mays que vos, et seiades senpre en onrra et aiuda et defendemiento desta dita iglesia de Lugo et dos benefiçiados dela.

Et eu, o dito Fernan Ares de Prado, que presente estou por min et por las ditas personas asi resçebo de vos, o dito provisor et vicario et prestameyro do dito prestamo de Perros, et personas et benefiçiados do dito cabilldo o dito foro, segund como fidalgo, por min et por las ditas minas personas que seiamos eu et elas senpre obedientes a a dita iglesia de Lugo, et onrremos et aiudemos et guardemos et defendamos los benefiçiados dela en aquelo que noso poder for; et obligo a min et a meus bees, mobles et rayses, eclesiasticos et segares, avidos et por aver, et das ditas minas personas de o conplir et pagar et guardar et teer todo asi segund arriba se conten. Et nos, o dito cabilldo, provisor et vicario et prestameyro, asi vos lo outorgamos. Et porque esto seia çerto nos las ditas partes rogamos a o notario juso escripto que fesese desto dous publicos estromentos, ou mays se fosen nesçesarios, os mays fortes et firmes que por consello de leterados se podese faser, un para vos, o dito Fernan Ares de Prado, et vosas personas et outro para nos, o dito cabilldo et prestameyro, et o voso que fose seelado con o seelo do dito cabilldo et do dito provisor.

Que foy feyto et pasou en o dito lugar, a veynte et çinquo dias do mes de febreyro, ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et setenta et un anos.

Testigos que foron presentes et outorgaron o dito foro: o dito Juan Afonso, chantre et provisor; et Alvaro Dias de Lama, arçediano de Sarria; et Gomes Garçia de Goyoso, arçediano de Deçon; et Gonçalvo Rodrigues de Parga, thesoreyro; et Rodrigo Afonso das Cortinas; et Diego Vasques, et Johan Ares de Parga, et Simon Alvares, et Pedro de Mera, et Ruy Dias de Freyxo, et Gomes Ares, et Afonso Martinis de Galdo, canonigos.

Et eu Gomes Garçia de Goyoso, clerigo da çiudade de Lugo, notario publico por la abtoridade apostolica et ordinaria, a todo esto que sobredito he en un con os ditos testigos presente foy, et por mandado dos ditos senores do dito cabildo et do dito provisor et prestameyro que aqui mandaron poer seus seelos, et por rogo et mandado de Fernan Ares de Prado esta carta de foro segundo ante min pasou seendo ocupado de outros negoçios por outro fielmente fis escrivir et en meu protocolo et registro ha scrivy, et por ende fis aqui este meu signo et nome acustumado en testemoyo de verdade, rogado et requerido.