GMH/ÍNDICE A-Z

116

1377, xaneiro, 8. Vilamaior-Mondoñedo.
Permuta entre o bispo de Mondoñedo don Francisco e o Cabido da Catedral pola cal o primeiro lle dá ó segundo o casarío de Mariz, en Vilamaior, e o segundo ó primeiro a cuarta parte da viña da Veiga.
A, perg., con selo notarial, de 158 x 300 mm. Letra semigótica.

Enno nomme de Deus. Amen. Era de mill et quatroçentos et quinse annos oyto dias do mes de janeyro. En presença de min Afonso Dominges coengo et notario da iglesia de / Mendonedo et das testemoyas escriptas seendo em cabidoo por canpaa tanjuda segundo he de huso et de custume enna iglesia de Mendonedo dom Francisco / por la graça de Deus bispo de Mendonedo dom Pedro Aras deyam dom Afonso Gomes arçediago de Montenegro dom Diego Fernandes arçediago d-Asumara / dom Diego Reymondo mestrescolla dom Ruy Dias tesoureiro Lopo Dias Domingo Afonso Afonso de Lugo Pedro Gomes Afonso Eanes Lopo Peres coengos de Mendonedo et / outros coengos de Mendonedo que presentes eran fasendo cabidoo et avendo ia trautado em outro cabidoo sobre esto que se sigue o dito bispo et o dito cabidoo da/mor en parte feseron concanbea entre si valedeira para senpre conuen a saber que o dito bispo deu para senpre ao dito cabidoo a sua casaria de Maarit que fuy de / Aras Gonçalues con todo seu prouo commo esta prouada et con todas las herdades que perteesçesem aa dita casaria. Item lle deu mays o moyno seu que esta aos moy/nos de Villamayor con hua casa et con hua cortinna que esta cabo do dito moyno em que ora mora Johan Leal. Item lle deu mays as suas casas que estam / en Villamaior cabo do trauado commo se departem da testada de çima da rua dos Ferreiros et da testada de fondo da rua do Perexe et da hua yllargada / da rua que ven da Rua dos Ferreiros para a praça contra o trauado et da outra yllargada das casas que som de Afonso pedreiro et das outras en que mora Tereya Garçia / con o alto et con o baixo o qual moyno et casas som propias do dito bispo non por rason do bispado mays porque as ouuo et gaanou ante que fose bispo. Et o dito / cabidoo deu em concanbea para senpre ao dito bispo non commo a bispo mays commo a Francisco Eanes o quarto da vinna da Veiga que foy de Aras Gonçalues o qual / quarto aviam de dar en saluo cada anno ao dito cabidoo do vinno et nouidade que Deus dese enna dita vinna. Et he de saber que o moyno et as casas et cor/tina sobreditos deuiam ia et deuen de foro cada anno ao dito cabidoo oyto mor. Et o dito bipo por si asy reçebeu a dita concanbea et o dito cabido / por sy et por la iglesia de Mendonedo asy reçebeu et outorgou tanben a dita concanbea para senpre. Et que seia çerto as ditas partes mandaron ende faser dous / publicos instromentos hun tal commo outro en hum tenor que foron feytos em Villamayor çibdade de Mendonedo enno dito cabidoo enna Era anno dia et mes sobreditos. Testemoyas que presentes forom para ello chamados et espeçialmente rogados Lopo Peres Afonso Fernandes Pedro Gomes coengos de Mendonedo et outros.

Et eu Affonso Dominges coengo et notario sobredito a esto que dito he con las ditas testemoyas presente foy et esta carta de cambea sobredita por outro / en minna presença por quanto era enbargado doutros negoçios legitimos ben et fielmente fige escripuir et en ella puge meu nome et signal acustumado que tal he por mandado das ditas personas et coengos do dito cabidoo et a pedimento do dito sennor obispo que foy / feyta dia era et mes sobreditos presentes y as ditas testemoyas. (Signo, debaixo do cal se le: Afonso Deus notario publico).

(Reverso):
D. nº, 48. M. x. n. 83. Carta da prasa et do moynio et do casal de Maris.