GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da catedral de Lugo. Século XIV

251
1329, abril, 5

Intercambio de propiedades entre o Cabido de Lugo e Vasco Pérez do Campo.

MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 2r, traslado polo notario Rui Fernández: 1335-V-13; Libros, lib. 6289 con referencia ao Lib. A, fol. 2.

Sabeam quantos esta carta viren, commo nos don Fernan Aras, dayam dayam (sic) de Lugo, et o cabidoo desse miismo lugar seendo iuntados en cabidoo enno thesouro per canpaa taniuda commo he acustumado desse fazer cabidoo, con outorgamento dos coengos do aniversario, façemos tal escanbeo con vosco Vaasco Peres de Canpo, valedeyro para senpre, conven a saber que vos damos a nossa quarta parte do portal de fondo da nosa casa do Canpo, que esta contra a casa da capella de San Migeel, da huna parte, et da outra parte iuntase con outra vosa casa. Et outrosy vos damos et quitamos para senpre todo o aniverssario que nos avemos en esta nosa casa sobredita donde quer et de quen quer que o nos en ella aiamos gaanado et por qual maneira quer, que aiades livre et quito para senpre por iur derdade para vos et para toda vossa voz. Et eu, Vaasco Peres sobredito, por esta escanbea dou a vos os sobreditos, dayan et cabidoo et coengos d’aniversario, por min et por meus yrmaos a leyra de Trasval, que foy de Maria Rodrigues, minna madre, et que-lle caeu por sua partiçon, que iaz entre los caminos: hun camino que vay para o Castineiro et outro para Alveyros; a qual leyra fere de testa da huna parte en hun dos ditos caminos, et da outra testa no outro, et da huna das ylargas ias outra leyra do casal de Bedurgos, et da outra ylarga cabo outra leyra do casal de Romae que eu, Vaasco Peres, agora tenno avervada do casal dos aniversarios, a qual leyra eu tenno en herença por min et por meus yrmaos. Et se vos esta adra quiseren demandar ou enbargar ou entrar algun dos meus yrmaos que eu que vos de et perfaça outra tanta herdade simil desta en esta agra de Trasval. Et este escanbeo façemos que seia valedeyro para sempre entre nos as partes sobreditas. Et obligamos per nos et per todos nossos bees de nos façermos estes escanbeos de pas huuns a os outros de quenquer que os enbargue. Et demays nos as ditas partes renunçiamos et prometemos en boa fe que nunca contra esto venamos per nos nen per outren, en juyço nen fora del, et se contra ello quisessemos viir mandamos et outorgamos que nos non valla nen seiamos sobr’elo oydos en iuyço nen fora del. Et que esto seia çerto et non vena en dulta nos, o dito dayan et cabidoo, mandamos desto façer duas cartas en hun tenor partidas por a.b.c. et mandamoslas seellar de nosso seello pendente.

Que foron feytas V e dias d’abril, era de mill et CCC LXª et sete annos.

Testemoyas: don Fernan Aras, dayan; don Fernan Eanes, archidiago de Neyra; don Aras Peres, thesoreyro de Lugo; Aras Pellaes, Affonso Gomes, Alvar Dias, coengos de Lugo; Affonso Eanes et Iacome Affonso, raçoeyros da dita iglesia; Affonso Rodrigues, Françisco Guillelmes, Andreu Peres, Affonso Gomes, Affonso Aras, Affonso Peres, coengos d’aniverssario, et outros moytos ts. Et por mayor firmidue nos os ditos rogamos a Garçia Affonso, notario publico de Lugo, que escrivise estas cartas et possesse en cada huna dellas seu signal en testemoyo de verdade.

Et eu Garçia Affonso, notario sobredito, por rogo das ditas partes escrivi esta carta et puge y meu signal.

Et eu Ruy Fernandes, notario publico de Lugo, dado pe-lla auctoridade do bispo dese miismo lugar vi a carta sobredita escripta en pulgameo de coyro enno tenor sobredito et signada con signal de Garçia Affonso, notario sobredito, segundo por ella pareçia, et a rogo do sobredito cabidoo et por mandado et auctoridade de don Pedro Iacome, juys de Lugo, vervo por vervo a dita carta en este libro do cabidoo trasladey et en este traslado puge meu signal en testemoyo de verdade. Que foy feito en Lugo XIII dias de mayo era de mill et CCC LXX III annos.

Testemoyas: don Aras Pelaes, thesoreyro; don Fernan de Deus, chantre; Iohan Ferrnandes, coengo, ts.