GMH/ÍNDICE A-Z

H17
1435( ) ( , decembro)

Xoán González, reitor de Santa María de Bobadela, arrenda durante vinte e nove anos o beneficio da súa igrexa a Gómez Lourenzo, reitor de Santa Cristina de Freixo, por 300 mrs. (fol. 6-6v)

Sabean quantos esta carta de arrendamento viren como eu Iohan Gonçalves, clerigo reytor da iglesia de Santa Maria de Bobadela, con liçençia et autoridade de Joan d’Espinosa canonigo enna iglesia d’Ourense et vigario enna iglesia, çibdade et obispado d’Ourense por meu señor don Diego obispo d’Ourense /etç.\ arrendo a vos Gomes Lourenço, clerigo reytor da iglesia de Santa Cristina de Freixo, o dito meu benefiçio de Santa Maria de Bobadela, deste dia de San Joan Bautista primeiro que ven ata viinte e nove annos primeiros sigentes e mays non, con estas condiçoens, que me diedes et pagedes por lo dito meu benefiçio de renda en cada huun anno tresentos mrs. branca en tres dños. por lo dito dia de San Joan et (fol. 6)

mays que syrvades o dito meu benefiçio enno espiritual et tenporal et pagedes rey et Roma et see e padroens e todos los outros encarregos ao dito benefiçio perteesçentes et me diedes en pagedes os ditos CCC.- en paz et en salvo et do al que ajades para vos todoslos ditos frutos ao dito benefiçio perteesçentes livres et quites etç., para o qual eu o dito Gomes Lourenço asy me obrigo de vos pagar de cada huun anno os ditos CCC.- et que os page logo en este primeiro día de San Joan primeiro que ven /en paz et en salvo enna çidade d’Ourense\ e dende en deante de cada huun anno, sopenna de çinqo.- etç. et mays de servyr o dito benefiçio et pagar todos los ditos encarregos etç. Et eu o dito Joan Gonçalves asy vos arrendo o dito benefiçio e de voslo faser saan et de paz por lo dito tenpo e vos non pasar contra elo etç., para o qual faço juramento a deus e aos santos avangeos etç., contrauto forte e firme etç. Tests. Pero Gomes, Alvaro d’Agyar coengos, Fernando Gonçalves do Pineiro, Afonso Garçia prior do mosteiro de San Pero de Rocas /+\. Et eu o dito vigario asi dou a dita liçençia e autoridade ao dito arrendamento et entrepoño a el meu decreto etç. (fol. 6v)