GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da catedral de Lugo. Século XIV

807
1379, novembro, 8. Lugo
O deán e o Cabido de Lugo afóranlle a Rodrigo Eanes e a dúas voces o casal de Buratai, a herdade de Adai e outras propiedades, por renda anual de 300 marabedís. O beneficiario comprométese á compra nun prazo determinado dun casal que levará co aforado.
MADRID, AHN, Cód. 420 B, fol. 25r.

Sabeam todos commo nos dom Iohan Afonso, dayan de Lugo, et as pesoas et coengos et cabidoo da iglesia de Lugo seendo iuntados en cabidoo enno thesouro da dita iglesia por canpaa taniuda, segundo avemos de huso et de costume, con outorgamento do onrrado sennor don frey Pedro Lopes da orden dos preegadores por la gracia de Deus et da santa iglesia de Roma, obispo de Lugo, a quen pedimos por merçee que outorgue et aia por firme o que aqui sera conteudo, da huna parte, et eu Rodrigo Yanes de Burela, despenseyro do dito sennor obispo, da outra, fasemos entre nos tal enprasamento que seia firme et valedeyro por lo tempo et condiçoes que aqui dira, conven a saber que nos, os ditos dayan et cabidoo, damos aforo et vervo et en enprasamento a vos, o dito Rodrigo Yanes, et a duas pesoas despoys de vos huna qual vos nomeardes en vida ou a tempo de voso finamento, et non seendo nomeada que seia quen herdar vosos bees ou a mayor parte delles, et outra qual nomear aquela perssoa que vos nomeardes ou susçeder enno dito enprasamento, et non seendo nomeada que seia quen herdar os bees da vosa persoa ou a mayor parte delles, o noso casal de Buratae, que foy de Afonso Rodrigues da Porta Minaa, et a beyra do castineyro, et a herdade de Adae que he en Meylae d’aquel cabo que foron do dito Afonso Rodrigues, et o casal de Barbey, et a herdade de Castro et de Vilaçedoem que foron de Tareyia Afonso, muller de Pedro Lourenço; et os casares et herdades de Orvaçae et de Tavoelle que foron de Tareryia Pellaes; et os casares et herdades con os paaços de santa Maria de Ferroe et de Castro da Mota que foron de Vaasco Peres de Rodeyro et de Maria Ferrnandes, muller de Lopo Garçia de Ferroe, et con os naseyros et pesqueyras et moynos et pertenenças et dereyturas que lles perteesçen et con as herdades regaengas et con todas suas dereyturas et pertenenças, a montes et a fontes, per hu quer que vaan, et iures et agoas correntes et estantes et prados et arvores et chantados, et con todas suas herdades mansas et bravas. Item vos damos mays en enprasamento et aforo et vervo para vos et para as ditas persoas, commo sobredito he, a casa que esta cabo enno Campo en que mora Pedro Ferrnandes et Tareyia Gonçalves, sua muller, et a meatade da outra casa que esta cabo della menos o disimo enna qual suya morar Pedro Chamoso, que foy de Afonso Rodrigues; et demays a meatade da casa en que ora mora Vaasco Coreeyro, et o quarto da casa en que suya morar Dominga Colodra, as quaes estan enna rua da Ferraria, con todas suas dereyturas et pertenenças entradas et saydas et iures et agoas vertes, con tal condiçon que vos et as ditas persoas façades lavrar et parar ben as ditas herdades et casares en guisa que se non perçan con mingoa de lavorio et de sarradura, et manteer as casas et moynos et paaços en bon paramento, et avedes-nos a dar et pagar vos et as ditas persoas de cada anno tresentos moravedis desta moneda usual longos d’oyto soldos, a nos et a nosos susçesores para fasermos cada anno seys proçisoes en esta maneyra: por dia de sant Thomas que he en março huna proçison, et por dia de sant Pedro de Cathedra que he en febreyro outra proçison, et outra por la trasladaçon de sant Domingo que he en mayo, et outra por dia de Sant Domingo d’agosto, et outra por lo dia seguente pus todos santos; asy que destes tresentos moravedis avedes a dar para cada proçison çinquaenta moravedis da dita moneda o dia que a fesermos.

Et eu, o dito Rodrigo Yanes, que estou presente por min et por las ditas persoas asy reçebo o dito foro et vervo de vos, os ditos dayan et cabidoo, para min et para as ditas persoas enna maneyra que dita he, et por este ben et merçee que me fasedes eu, o dito Rodrigo Yanes, outorgo et obligo por todos meus bees, hu quer que os aia, que eu ou cada huna das ditas persoas compraremos d’oge ata quinse annos, ou ante se podermos, hun casal de herdade mansa et brava que aia duas terças semente a cada mao en este couto de Lugo, o qual eu et as ditas persoas avemos a iuntar et teer et usar con esto al que nos dades, et a finamento da pustrimeyra persoa que vos fique livre et quito et desembargado o dito casal con todo esto al que nos dades, et con todos los boos paramentos que y foren feytos, et non comprando o dito casal ennos ditos quinse annos que eu ou cada huna das ditas persoas que por este tempo for seiamos teudos por nos et por nosos bees a vos dar et pagar para comprar o dito casal dous mill maravedis desta moneda usual.

Et nos, o dito dayan et cabidoo, asy reçebemos de vos, o dito Rodrigo Yanes, a dita obligaçon et outorgamos-vos o dito foro et vervo et enprasamento enna maneyra que dita he. Et eu, o dito Rodrigo Yanes, asy o reçebo et obligo meus bees et das ditas persoas de o atender et comprir commo sobredito he, et sub penna de mill moravedis desta moneda usual. Et porque esto seia çerto nos as partes sobreditas rogamos et mandamos a Pedro Afonso, notario publico de Lugo, que feçese desto duas cartas en hun tennor, que fose a de vos o dito Rodrigo Yanes seelada con noso seelo.

Que foron feytas en Lugo, oyto dias de novembre, era de mill et quatroçentos et des et sete annos.

Testemoyas: dom Iohan Afonso, dayan; dom Gonçalvo Yanes, arçidiago de Deça; don Pedro Arias, arçidiago de Triacastela; don Arias Peres, iuys; don Diego Gomes, thesoreyro de Lugo; Thomas Gonçalves, Fernan Peres, Afonso Ferrnandes, Arias Ferrnandes, Ruy Lopes, coengos; Afonso Yanes, Jacome Ferrnandes, Johan Garçia, Alvar Ferrnandes, raçoeyros de Lugo ts., et outros.

Et os moravedis de suso contiudos an a seer de oyto soldos o moravedi que foy error do escrivan.

Et eu Pedro Affonso, notario sobredito dado por la abtorirade do sennor obispo desse lugar, a esto que sobredito he con as ditas testemoyas presente foy, et a rogo et mandado dos sobreditos esta carta en mina presença aqui fis escrivir et puge meu nome et signal en testemoyo de verdade que he tal.

Materias

árbore; arcediago; avinza; bispo; cabido; campá; canon foral; casas; castiñeiro; catedral; cóengo; construción; couto; despenseiro; dignidades; doazón; escribán; escritura; esposa; esposo; familia; festa; fidalgo; fundación; labores; licenza; linde; marabedí; medidas; mesa capitular; muíño; muller; notaría; notario; obrigación; pasto; pazo; pesqueira; procesión; racioneiro; reguengo; rua; selo; soldo; tesoureiro; tesouro; valado; venda; viúva; xuíz; xurisdición; deán

Persoas

Afonso Eanes, racioneiro de Lugo; Afonso Fernández, cóengo de Lugo; Afonso Rodríguez; Afonso Rodríguez de Porta Miñá; Álvaro Fernández, racioneiro de Lugo; Ares Fernández, cóengo de Lugo; Ares Pérez, xuíz de Lugo; Diego Gómez, tesoureiro de Lugo; Dominga Tolondra; Fernando Pérez, cóengo de Lugo; Gonzalo Eanes, arcediago de Deza; Lopo García de Ferroi; María Fernández; Pedro Afonso, notario; Pedro Ares, arcediago de Triacastela; Pedro Chamoso; Pedro Fernández; Pedro López de Aguiar, bispo de Lugo; Pedro Lourenzo; Roi Eanes de Burela, despenseiro do bispo de Lugo; Roi López, cóengo de Lugo; Tareixa Afonso; Tareixa González; Tareixa Páez; Tomé González, cóengo de Lugo; Vasco Correeiro; Vasco Pérez de Rodeiro, fidalgo; Xácome Fernández, racioneiro de Lugo; Xoán García, racioneiro de Lugo; Xoán Afonso, deán de Lugo

Outros

Lugo, bispado; Lugo, cabido

Lugares

Adae, herdade; Barbaín; Beyra do Castineyro; Buratai; Burela, Santa María; Castro de Bóveda, O; Chamoso, San Cristovo; Deza, arcediagado; Ferroi, Santa María; Lugo; Meilán; Rodeiro, antiga xurisdición; Roma; Taboelle; Triacastela; Vilaçendoe