GMH/ÍNDICE A-Z

660
1364, marzo, 3. Lugo
 O bispo de Lugo ordena como se deberán distribuír os 1000 marabedís de San Pedro de Líncora.
MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 114r.

Sabeam quantos esta carta virem commo en presença de nos Aras Peres, raçoeyro, et Fernan Garçia, notario publico de Lugo dados por autoridade do bispo desse lugar, et das testemoyas subscriptas, o moyto onrrado padre et sennor don frey Pedro Lopes da orden dos preegadores por la graçia de Deus et da santa iglesia de Roma, obispo de Lugo, disso et mandou et ordenou que os mill moravedis que Estevoo Ferrnandes d’Archos et seus suçessores an de dar de cada anno para senpre po-la iglesia et prestamo de San Pedro de Lincora a o prior do moesteyro de San Domingo de Lugo, segundo se conten en hun contracto feyto por min Fernando Garçia, notario sobredito, por a sua alma et d’aqueles a que el era teudo que se destribuissen et partissen en esta maneira, cada anno, para senpre conven a saber: que dessen en dia de San Domingo, que he eno mes d’agosto, de cada anno, a as pesoas et coengos et raçooeyros et coengos de aniversario da iglesia de Lugo, que foren enno dito dia de San Domingo a o moesteyro de San Domingo de Lugo a a vespera et cantaren a vigilia dos finados et hun responso cantado a a seyda da vespera, çent moravedis; et que den enno outro dia de San Domingo a estes sobreditos, que foren a o dito moesteyro a a missa, dusentos moravedis, et que seian teudos de diser huna missa cantada de requien et hun responsso cantado a a seyda dela, et que den a obispo, se alo for aquel dia, çento et çinquaenta moravedis et hun marco de prata, et se alo non for que den os seteenta et çinquo moravedis delles a as sobreditas pesoas et coengos, et que os partan entressy segundo os outros dineyros, et os outros seteenta et çinquo moravedis que os aian os frayres do dito moesteyro de San Domingo para pitança. Et en estos dineiros sobreditos que as sobreditas pessoas et coengos an d’aver, segundo dito he, non conten nihun absente nen den raçon dobrada mays tan solamente que den a sua parte a cada hun d’aqueles que foren a o dito moesteyro, segundo dito he. Et que den outrosy a os frayres do sobredito moesteyro de San Domingo, aquel dia, para pitança dusentos moravedis, et que den a os frayres menores do moesteyro de San Françisco, se foren a a vespera a o dito moesteyro de San Domingo por lo dito dia, seu dia et cantaren a vigilia dos finados, et en outro dia de San Domingo huna missa de requien et hun responsso cantado despoys da vigilia et outro despoys da missa, çinquaenta moravedis para pitança. Et que den outrossy para sevir a cappella, que o dito sennor obispo fezo eno dito moesteyro de San Domingo, dusentos et çinquaenta moravedis et que a os ditos clerigos et cappellaes do coro, que foren de missa et quiseren diser senllas missas por la sua alma et d’aqueles a que el fose teudo, a cada hun quinse soldos; et a aquelles clerigos, que non foren de missa et sen raçon a cada hun, çinquo dineiros. Et os mays dineiros que ficasen destos ditos çinquaenta moravedis que os aian os frayres do dito moesteyro de San Domingo.

Et por que esto seia firme et non vena en dulta o dito sennor obispo mandou a nos, notarios sobreditos, et a cada hun de nos que fezesemos ende publico et publicos instrumentos aqueles que compriren signados con nossos signos o de cada hun de nos.

Feyto fuy esto en Lugo, tres dias do mes de março, era de mill et quatroçentos et dous annos.

Testemoyas que foron presentes: don Ruy Ferrnandes, dayan; Gonçalvo Eanes et Fernan Aras, coengos de Lugo; Iohan Eanes de Burela, et outros. Et eu Fernan Garçia, notario publico de Lugo dado por autoridade do bispo desse lugar, a esto pressente fuy con Aras Peres, raçoeyro, et notario sobredito, et con as ditas testemoyas, et por mandado do dito sennor obispo este publico instrumento en minna presença fis scripvir en este livro do cabidoo et puge y meu nome et meu signal en testemoyo de verdade. (+).

Et eu Arias Peres, raçoeyro, et notario publico de Lugo dado por lo dito sennor obispo, a esto presente fuy con o dito Fernan Garçia, notario sobredito, et con as ditas testemoyas, et a rogo et [mandado] do dito sennor obispo esta carta en minna presença fis scrivir et puge y meu nome et signal en testemoyo de verdade. (+).