GMH/ÍNDICE A-Z

1114
1456, novembro, 5. Lugo

O Cabido de Lugo outórgalle en pensión perpetua a Xoán de Baamonde tres cuartos do muíño da Regoa na freguesía de Santiago de Lugo, por renda anual de 50 marabedís.

MADRID, AHN, Cód. 419 B, f. 14 r.

Sabean quantos esta carta viren como nos o cabidoo da iglesia de Lugo seendo juntados en noso cabidoo per son de canpana tangida, segundo avemos de uso et de costume, dentro en a dita iglesia açerqua da porta por donde soben a os orgoos da dita iglesia, entendendo que fasemos noso probeyto et de nosos suçessores damos a pension et por nome de pension a vos Johan de Vaamonde, escudeyro, morador que agora sodes en esta çibdade de Lugo, por vos et por vosos erdeyros et suçessores, os tres quartos dos moynos da Regoa, segundo que os tina en foro de nos Afonso Ferrnandes de Teyxeyro, voso padre, os quaes tres quartos do dito moyno son nosos et nos perteesçen a terça parte delles por los aniversarios da dita iglesia et os outros dous quartos por la aministraçon de janeyro que he en Sayoane de Pena, et son sitos et locados en a fiigresia et sub o signo da Capela de Santiago, os quaes tres quartos do dito moyno vos damos a pension, segundo dito he, por jur de herdade para senpre con todos seus jures et pertenenças et saydas et entradas et agoas et preças et arvores et prantados et con todo ho a ello perteesçente, et usos que han et deven aver de dereyto et de feyto, segundo et en a maneyra que elles a nos perteesçen por rason dos ditos aniversarios, et por la dita nosa administraçon de maneyra que vos et vosos erdeyros et suçessores que suçederen en a dita pension posades aver et teer os ditos tres quartos dos ditos moynos et faser delles et en elles o que quiserdes ben asi como de vosa cousa propia, salvo que os non posades dar nen bender a iglesia, nen a moesteyro, nen a outro lugar religioso salvo a a dita iglesia de Lugo, et se os quiserdes bender vos, ou vosos suçessores que suçederen en o dereyto delles, a outra persona ou personas que o façades et façan a saber a nos, o dito cabidoo, ou a nosos suçessores primeyramente donde os abedes et resçebedes, et se o dito cabidoo quiser dar tanto por elles como outro que seiades et seian tiudos dellos dar; os quaes ditos moynos con seus dereytos et jures et pertenenças a elles perteesçentes vos damos et outorgamos a pension, segundo dito he, a a tal pleito et condiçon que os tenades correntes et moentes, et as casas levantadas et en boo paramento; et dedes vos et os ditos vosos suçessores de pension por elles en cada hun ano, a o rendeyro et colledor dos ditos aniversarios et a o administrador do mes de janeyro, ou a quen noso poder ouber para ello çinquoenta maravedis de longos, segundo cada huuns ouberen de aver a sua parte, en a moeda que se pagaren as outras rendas do dito cabidoo postos en pas et en salvo en esta çiudade de Lugo por dia de San Martino de nobenbre, et çesando de pagar a dita pension por tres anos bos, ou os ditos vosos erdeyros et suçessores que suçederen en o dereyto dos ditos tres quartos dos ditos moynos et pension delles, que por ese mesmo feyto pergades et pergan os ditos tres quartos dos ditos moynos et pension delles.
Et eu, o dito Juan de Vaamonde, que presente soo asi resçebo os ditos tres quartos dos ditos moynos a pension et por nome de pension de vos, o dito cabidoo, para min et para os ditos meus erdeyros et suçessores que suçederen en o dereyto da dita pension de teer, complir et guardar et pagar todo o suso contiudo, segundo et en a maneyra que en esta carta se conten.

Et nos, o dito cabidoo, asi vos lo outorgamos et porque seia çerto outorgamos et mandamos delo faser duas cartas por lo notario de iuso escripto anbas en hun thenor, huna para vos, o dito Juan de Vaamonde, et vosos erdeyros et suçessores et outra para nos, o dito cabidoo, et nosos suçessores et por mayor firmesa mandamos seellar con noso seello pendente a carta de vos, o dito Juan de Vaamonde, et a nosa que se deyte et pona en o noso libro dos foros et pensioes anbas signadas do signo do dito notario.

Que foy feyta et outorgada en a dita çibdade de Lugo, dia esta feyra, çinquo dias do mes de nobenbre en a dita iglesia et lugar, ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et çinquoenta et seys anos.

Testigos que foron presentes: Afonso Martines de Galdo, chantre; Gonçalvo Peres de Carvallido, arçediano de Sarrea; Gonçalvo Rodrigues de Parrega, thesoreyro; Juan Ares, Diego Ferrnandes, Lopo Garçia, Juan Ares de Parga, Rodrigo Afonso das Camoyras, et Pedro Martines, canonigos da dita iglesia.

Et eu Pedro Afonso, canonigo et notario publico da dita ciudade et obispado de Lugo por lo senor Obispo et iglesia desse lugar, a todo o suso contiudo con as ditas testemoyas presente foy et esta carta de pension per outro fige escrivir, seendo eu ocupado de outros negoçios, et aqui puge meu nome et signal acostumado en testemoyo de verdade que he tal rogado et requerido. Non enpeesca onde vay escripto entre rengloes que dis en a dita iglesia et lugar que non foy viçio mays error do escrivan.

Petrus Alfonsi, canonicus, notarius.