GMH/ÍNDICE A-Z

1115
1457, xaneiro, 3. Lugo

O vigairo lucense afóralles a Estevo Rodríguez, á súa muller e a unha voz tódalas herdades da Igrexa de Lugo na aldea de Gonzán, freguesías de San Fiz de Laxe e Santiago de Louredo, por renda anual de cinco tegas de centeo.

MADRID, AHN, Carp. 1333 B/8, perg. orix., galego, cortesá, 410 x 280 mm.
   

Sabean quantos esta carta de foro viren como eu Gonçalvo Peres de Carvallido, arçidiano de Sarrea en a iglesia de Lugo et vigario geeral en a dita iglesia et obispado de Lugo por lo senor don Garcia de Vaamonde, Obispo de Lugo, et fasedor do dito senor Obispo, veendo et entendendo que he proveyto do dito senor Obispo et de sua iglesia et de seus suçesores aforo a vos Estevo Rodrigues de Fernan et a vosa muller, Ynes Peres, et a outra persona que for nomeada por lo postrimeiro de vos, et non seendo nomeada que seia aquela que herdar os vosos beens de dereito. Conben a saber que vos aforo todas las herdades que o dito senor Obispo et sua iglesia ten en a aldea de Gonçan, a montes et a fontes, por unde quer que van, as quaes agora trage Roy Sabron et Roy Moezino et Afonso Peres de Gonçan et Vasco Nunes et Vasco de Sayoane, a qual dita herdade he chamada dos Escudeiros, et en este foro non vay as herdades do casal que soya trager Ares de Louredo, as quaes iasen sub signos de San Fiis de Laga et de Santiago de Louredo, as quaes ditas herdades vos aforo a tal pleito et condiçon que vos, o dito Estevo Rodrigues, et vosa muller et persona labredes et reparedes as ditas herdades et as tenades ben labradas et reparadas en tal maneira que se non pergan por mingoa de laborio et boo paramento. Et dedes et paguedes por foro das ditas herdades vos, o dito Estevo Rodrigues, et vosa muller et persona a o dito senor Obispo et a seus suçesores en cada hun ano çinquo teegas de çenteo, linpas de poo et de palla medidas por medida dereita da terra, postas en pas et en salvo en o dito lugar de Gomian des dia de Santa Maria de agosto fasta dia de Santa Maria de setenbre; et que non posades bender, nen enpenar, nen supinorar, nen traspasar este dito foro sen liçençia et consentimiento do dito senor Obispo et de seus suçesores; et que a dita persona seia obligada de se viir mostrar como suçede en este dito foro des el dia que en el suçeder fasta trinta dias primeiros su pena de o perder.
Et eu, o dito Estevo Rodrigues, que presente estou por min et por la dita mina muller et persona asi reçebo de vos, o dito arçidiano et vigario, este foro por lo preçio et personas et condiçoes sobreditas, et obligo a min et a todos meus beens avidos et por aver et da dita mina muller et persona de o teer, gardar, pagar et conprir todo asi segundo se en el conten.

Et eu, o dito arçidiano et vigario, asi vos lo outorgo et por que seia çerto outorgeyvos delo duas cartas de foro anbas feitas en hun tenor huna para vos, o dito Estevo Rodrigues, et vosa muller et persona et outra para o dito senor Obispo ante ho notario et testemoyas iuso escriptas.

Que foy feita et outorgada en a çiudad de Lugo, tres dias do mes de janeyro, ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et çinquenta et sete anos.

Testemoyas que foron presentes: Afonso Roalde, morador en o couto de Diomonde, et Lopo Canareiro, et Gomes del Portal, criados do dito arçidiano, et outros.

Et eu Fernan Yanes de Sant Jullao, notario publico da dita çibdade et obispado de Lugo por lo senor Obispo et iglesia dese lugar, a todo esto que dito he presente foy et esta carta de foro escripvi et aqui puje meu nome et signo en testemoyo de verdade que tal he.