GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Fragmentos de notarios

D39
1459, marzo, 19
Poder outorgado a frei Gonzalo, monxe de San Clodio, para explotar un forno, dúas leiras de viña e sete castiñeiros. (fol. 14v)

Frey Gonçalvo.

A XIX dias de março, en Ourense, Gonçalvo (...) por sy e en nomme de sua moller (...)na Anes deu seu poder conprido a frey Gonçalvo, monje de San Cloyo para que posa demandar, reçeber et recadar todos et quaes quer mrs. que lle devan quaes quer personas, e reçeberlos et recadarlos en todo o Ribeiro da Avya, et procurar o forno et lavrar (a viña que esta)* duas leyras de viña que estan en San Cloyo et outra viña que jas nas Regadas, et procurarlas e lavrarlas que se non por mingoa de reparamento, et mays sete casteiros que jasen a sobrela (barouta) et faser, trautar et provar etç. e dar carta e cartas de pago etç., as quaes viñas e castineiros lle dou alcavala e en quanto for sua vontade et mays non etç., obrigou seus bens etç. Tests. Diego Rodrigues, Rodrigo Ares de Monterroso et Gonçalvo seu criado et Loys de Baçeiredo. (fol. 14v)