GMH/ÍNDICE A-Z

935
1416, novembro, 5. Lugo

Lopo Fernández, cóengo de Lugo, arréndalle durante dez anos a Fernando Afonso herdades, casas e bens raíces en Mazoi, Sarrasín e Barcia, por renda anual de 25 marabedís.

MADRID, AHN, Cód. 416 B, f. 119 v.
       

Ano do naçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et dez et seys anos, çinquo dias do mes de novembro. En a çiudade de Lugo Fernan Afonso, fillo de Ares Afonso de Varsea, arrendou de Lopo Ferrnandes, coengo de Lugo et rendeyro dos aniversaios da iglesia de Lugo, os herdamentos et casas et bees rayses que os ditos aniversarios an en Masoe, et en Sarrasin, et en Varsia, os quaes tevera et usara Orraca Peres, muller de Lopo Gomes de Sarrasin; a qual dita renda dos ditos herdamentos et casas et bees rayses feso do dito Lopo Ferrnandes do janeyro primeyro que vina ata dez anos primeyros compridos, dez novidades collidas et alçadas, para o qual o dito Fernan Afonso ficou de lavrar et parar ben as ditas herdades et teer as casas feytas et cubertas et en boo paramento, et que tirase de monte as herdades que en el iouveren, et onde tiraren os outros que seia sen maliçia. Et que de de renda et penson a o dito Lopo Ferrnandes, coengo, ou a aquel que for moordomo et rendeyro dos ditos aniversarios, viinte et çinquo moravedis de moneda vella et de longos, conmo valuer de mercador a mercador, cada ano en pas et en salvo en a çiudade de Lugo por dia de San Martino de novembro. Et acabados os ditos des anos que leyxe as ditas herdades ben lavradas et as casas feytas et cubertas et en boo paramento.

Et o dito Fernando Afonso asy reçebeu a dita renda et obligou sy et seus bees de comprir et pagar et atender en todo et por todo segundo dito he. Et o dito Lopo Ferrnandes asy lla outorgou et ficou dos defender de toda talla et trebuto, segundo o fosen os outros caseyros da iglesia de Lugo.
Testemoyas: Ares Afonso, padre do dito Fernando Afonso; et Fernando Rodrigues de Castrelo; et Diego Afonso, capelan, ts.

Et eu Pedro Fernandes de Silvarey, notario publico da çiudade de Lugo por lo senor Obispo et iglesia dese lugar, a esto que dito he con as ditas testemoyas presente foy et esta carta scripvi et aqui puge meu signal en testemoyo de verdade que tal he (signo).