GMH/ÍNDICE A-Z

1135
1460, marzo, 28. Lugo

O Cabido de Lugo afóralles ó cóengo Pedro Afonso e a tres voces unha casa na rúa Nova, freguesía de San Pedro, por renda anual de dez marabedís.

MADRID, AHN, Cód. 419 B, f. 19 v.
   

Sabam quantos esta carta de foro viren como nos o cabidoo da iglesia de Lugo seendo juntados en noso cabidoo per son de campana tangida, segundo avemos de uso et de custume, dentro en a dita iglesia açerca da porta por donde soben a os orgoos della, avido primeyramente noso acordo et madura deliberaçon, entendendo que fasemos noso proveyto et de nosos suçessores aforamos et damos aforo a vos Pedro Afonso, canonigo da dita iglesia de Lugo, et a outras tres personas despoys de vos, huna qual vos nomeardes en vosa vida ou a tempo de voso finamento, et outra qual nomear a persona que por vos for nomeada, et a terçeyra despoys de vos que for nomeada por aquela persona que for segunda despoys de vos ata que seian conpridas tres personas despoys de vos, huna nosa casa que he dos aniversarios da dita iglesia que he sita et locada en a rua Nova, sub o signo da Capela de San Pedro, et ias en par de huna das partes cabo de huna casa de Roy da Barba, clerigo, et da outra parte cabo de outra praça dos ditos aniversarios, que foy forno, et topa en a rua publica; a qual casa vos aforamos con seu saido, orto et poço et con todas suas dereyturas, segundo que ella a nos perteesçe et a os ditos aniversarios, a tal pleyto et condiçon que a levantedes de sobrado contra o saydo et a tenades cuberta et reparada vos et as ditas personas despoys de vos en tal maneyra que se non vaa terra, nen caya por mingoa de reparo; et dedes de foro en vosa vida et as ditas personas despoys de vos en cada hun ano a nos, o dito cabidoo, ou a noso moordomo, ou rendeyro et colledor das rendas dos ditos aniversarios, des maravedis de longos en a moeda que se pagaren as outras rendas dos ditos aniversarios, por dia de San Martino de novembre, postos en pas et en salvo en esta çiudade de Lugo; et con condiçon que cada huna das ditas personas que suçederen despoys de vos en o dito foro que do dia que en el suçeder por foreyra ata trinta dias primeyros seguentes nos bena mostrar como he foreyra del. Et a finamento da postremeyra persona que suçeder en o dito foro da dita casa que ella fique a nos, o dito cabidoo, libre et desenbargada cuberta et portada et ben reparada.

Et eu, o dito Pedro Afonso, que presente soo asi reçebo o dito foro da dita casa de vos, o dito cabidoo, por las maneyras et condiçoes sobreditas, et obligo a min et a meus beens et das ditas personas de teer, conprir et pagar todo o suso contiudo, segundo et en a maneyra que en esta carta de foro se conten.

Et nos, o dito cabidoo, asi vos lo outorgamos et porque seia çerto outorgamos et mandamos dello faser duas cartas de foro por lo notario iuso scripto anbas en un tenor huna para vos, o dito Pedro Afonso, et vosas personas et outra para o dito cabidoo et nosos suçessores, et por mayor firmesa mandamos seellar con noso seello pendente a carta de vos, o dito Pedro Afonso.

Que foy feyta et outorgada en la dita çiudade de Lugo, dia esta feyra, viinte et oyto dias do mes de março, ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et sesenta anos.

Testemoyas que foron presentes: Gomes Garçia de Goyoso, arçediano de Deçon; Gonçalvo Rodrigues de Pigara, arçediano de Triacastella; Gonçalvo Rodrigues de Parrega, thesoreyro; Rodrigo Afonso, Gomes Vasques, Diego Ferrnandes, Diego Vasques, Lopo Garçia, Rodrigo Afonso das Camoyras, Pedro Meendes, et Pedro Ferrnandes de Mera, canonigos da dita iglesia de Lugo.

Et eu Pedro Meendez de Foriins, canonigo da dita iglesia, notario publico por las auctoridades apostolical et ordenaria, a todo o susodito en hun con os ditos testigos presente foy et esta carta de foro aqui en este libro do dito cabilldo a outro fis escripvir seendo ocupado, et aqui puje meu signo et nome acostumado que tal he en testemoyo, rogado et requerido.