GMH/ÍNDICE A-Z

1354
1484, setembro, 24. Lugo
O Cabido de Lugo outórgalles en pensión perpetua a Ares Fernández e a súa muller un terreo edificable na rúa da Porta Miñá, por renda anual de vinte marabedís e a obrigación de construír unha casa.

MADRID, AHN, Carp. 1333 D/13 (bis), perg. orix., cortesá, 365 x 445 mm; At. 3274.

Sepam quantos esta carta de çenso et pension vieren como nos as personas et canonigos et benefiçiados da iglesia de Lugo, que abaixo seran nonbrados, seendo juntados en noso cabildo chamados por son de canpaa, segun que avemos de uso et de costume, açerca da porta das bobedas, de consentimento et outorgamento de Juan Ferrnandes, clerigo do coro da dita iglesia, que presente esta, rendeiro dos aniversarios da dita iglesia, damos a çenso et a pension a vos Ares Ferrnandes d’Outeiro, çapateyro, vezino desta çibdad de Lugo, que presente estades, et a vosa muller, Moor Rodrigues, reçebentes por vos et por vosos suçesores et herdeyros, para senpre por jur de herdade huna praça que jas en a rua da Porta Minaa, a qual dita praça es dos aniversarios desta dita iglesia, et fere de huna parte en huna casa de Pedro de Parga, clerigo, et de la outra parte fere en outra praça de Juan Ferrnandes Françes, et de la parte detras fere en huna orta do dito Juan Ferrnandes, et de la outra parte delantera topa en a la rua publica. A qual dita praça es sita su el signo da Capela de San Pedro, a qual dita praça vos damos a pension, segundo dito he, con todos seus dereytos et con todos seus jures et pertenençias et saydas et entradas et serbidumbres et usos que ha ou deve aver de feyto ou de dereito por maneyra que vos et os que deçenderen de vos posades teer et aver a dita praça et casa que en ela for feyta et faser dela et en ela o que quiserdes ben asi como de vosa cousa propia, salvo que a non posades vender, nen dar, nen apensionar a iglesia, nen a mosteiro, nen a outro lugar religioso. Et se a quiserdes bender vos ou vosos suçesores, que suçederen en o dereito dela, a outra persona ou personas que o façades et fagan saber primeiramente a nos, o dito cabildo, ou a nosos suçesores, donde a avedes et reçebedes, et se o dito cabildo quiser dar tanto por ela como outro con verdade der que seiades et seian tyudos della dar; et que senpre quede en huna persona et non en mays a pagar esta dita pension. A qual dita praça vos damos et outorgamos a pension, segundo dito he, a tal pleyto et condiçon que fagades en ela huna casa de sobrados fasta dez anos primeiros seguentes, et ha tenades et mantenades vos et vosos suçesores et herdeiros asy, et dedes dela de pension et çenso, en cada un ano, vos et vosos suçesores por cada dia de San Martino de nobenbre viinte maravedis pares de brancas, que cada duas brancas vellas, ou tres nobas, fasen un maravedi, et que os dedes et paguedes en esta dita çibdad de Lugo a o rendeiro et colledor que for dos aniversarios desta dita iglesia, et çessando de pagar o dito çensso et pension dos ditos viinte maravedis pares de brancas, ou parte deles, por tres anos os ou vosos suçesores ou suçesor que suçeder en o dereito da dita praça ou casa que en ela for feyta, que por ese meesmo feyto pergades et pergan todo o dereito que a ela et en ela avedes et ouveren vos ou vosos suçesores et se torne a nos, o dito cabilldo, et a nosos suçesores.

Et eu, o dito Ares Ferrnandes, que presente estou, por min et por la dita mina muller et herdeyros et suçesores, que suçederen en o dereito da dita praça et casa que en ela for feyta, asi reçebo de vos, o dito cabilldo, a dita praça de casa con todas suas entradas et pertenençias por los modos et maneyras et condiçiones sobreditas, et obligo a min et a meus bees et da dita mina muller, presentes et futuros, et dos ditos meus herdeiros et suçesores, que suçederen en o dereito da dita praça et casa que en ela for feyta, de teer et conplir et gardar et pagar todo ho suso contiudo, segun se en esta carta conten.

Et nos, o dito cabilldo, asi vos lo outorgamos, et se vos, o dito Ares Ferrnandes, ou vosa muller, herdeiros ou suçessores, que suçederen en o dereito da dita praça et casa que en ela for feyta, fordes contra a dita iglesia de Lugo ou contra los benefiçiados dela que por ese mesmo feyto pergades et pergan todo o dereyto que a a dita plaça et casa que en ela for feyta teverdes a nos, o dito cabilldo, et nosos suçesores, et vos la posamos reçeber se quisermos. Et porque seia çerto outorgamosvos delo duas cartas por lo notario a juso escrito, anbas en un tenor, huna para vos, o dito Ares Ferrnandes, et vosa muller et suçesores et herdeiros, et outra para nos, o dito cabildo, et por mayor firmesa mandamos seelar con noso selo pendente a carta de vos, o dito Ares Fernandes.

Que foy feyta et outorgada en a dita çibdad de Lugo en o lugar sobredito, a viinte et quatro dias do mes de setenbro, do ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et oyteenta et quatro anos.

Testigos que a elo foron presentes a faser et outorgar esta dita pension: Johan Alfonso, chantre por sy et en nome de Pedro Ferrnandes das Camoyras, arçediano de Deçon et vigario del dean, que lle enbiou mandar que fesese por el que estava ocupado en sua casa et que le dava por feyto lo que el fesese; et Alvaro Dias de Lama, arçediano de Sarrea et provisor del senor Obispo, don Alfonso Enrriques; et Diego Gonçalves de Fonteyta, arçediano de Triacastella; et Pedro Meendes de Foris, et Pedro de Mera, et Pedro Gonçalves de Montenegro, et Lopo Rodrigues de Gaybol, canonigos; et Fernando Peres, raçionero; et o dito Juan Ferrnandes, colledor et rendeyro sobredito dos ditos aniversarios; et Johan Vello, cantor, et outros.

Et eu Vasco Rodrigues de Parga, canonigo da iglesia de Lugo et notario apostolico por la sante see apostolica de Roma, a todo esto que dito he en un con os ditos testigos et capitulantes presete foy, et esta carta de çenso et pension, segundo que se por ante min pasou et segundo que por los ditos senores del dito cabilldo foy outorgada, et a pedimento do dito Ares Ferrnandes d’Outeiro, por mina mao escribi et aqui puje este meu nome et signo acustumados en testemoyo de verdad, rogado et requerido, que tal he.

En la çibdad de Lugo, veynte et sete dias do mes de março, ano de mill et quatroçentos et noventa anos. En presençia de min notario et testigos de juso escriptos a dita Moor Rodrigues en esta pension et carta de suso nomeada, diso que por quanto seu marido era falesçido da presente vida et ela non podia fazer casa en la dita plaça nin cunplir la condiçion desta pension en esta parte, que fazia et fezo donaçion et traspasamiento et a dava et traspasava et a deu et traspasou esta dita pension et plaza en ella contenida a Diego Mendes, vezino de Lugo, et a sua muller, Tereyia Gomes, que presentes estavan, et a suas vozes et herdeiros para senpre jamays con los cargos a que ela era obligada, et prometia et prometeu a boa fe et sen mao engano de contra esta demitiçion et donaçion, que lles fasia, de non yr nin pasar en ningund tienpo en juysio nen fora del. Et o dito Diego Mendez et sua muller se obligaron de relevar et sacar a paz et a salvo a dita Moor Rodriguez et seus bees dos cargos desta dita pension asi de faser la dita casa como de la pagar. Et la dita Moor Rodrigues asy lle la outorgou, lo qual diso que rogava et mandava a min, el dito notario, que lles dese et fezese dello una carta de traspasaçion et demitiçion fuerte et firme qual notasen letrados.

Testigos que fueron presentes: Juan de Sant Martino, notario, et Afonso Ramos, et Pedro d’Outeyro, clerigo do coro de Lugo, et outros.

Et eu Pedro de Riba de Neyra, escrivano del rey nuestro senor et su notario publico en la su Corte et en todos los sus reynos et senorios, a esto que dicho es en uno con los ditos testigos presente foy et esta donaçion et demitiçion et traspasaçion da dita praça, segund que por ante min pasou, por outro fis escrivir, et aqui en ela a pedimiento do dito Diego Mendes puje meu nome et signo acostumado en testimonio de verdade, rogado et requerido.

Materias

administración; aniversario; arcediago; beneficiado; bispo; bóveda; branca; campá; canon foral; cantor; capela; casas; catedral; censo; cesión; chantre; cóengo; construción; coro; corte romana; crego; deán; dignidades; doazón; escribán; escritura; esposa; esposo; familia; festa; horta; letrado; licenza; linde; marabedí; mesa capitular; muller; muralla; notario; notario apostólico; porta; Porta Miñá; procuración; provisor; racioneiro; rendeiro; resignación; rúa; selo; soar; subrogación; vigairo; viúva; zapateiro; cabido

Persoas

Afonso Enríquez, bispo de Lugo; Afonso Ramos; Álvaro Díaz da Lama, arcediago de Sarria e provisor de Lugo; Ares Fernández de Outeiro, zapateiro; Diego González de Fonteita, arcediago de Triacastela; Diego Méndez; Lopo Rodríguez de Gaibor, cóengo de Lugo; Maior Rodríguez; Pedro de Mera, cóengo de Lugo; Pedro de Outeiro, crego do coro de Lugo; Pedro de Parga, crego; Pedro de Ribadeneira, notario; Pedro Fernández das Camoiras, arcediago de Dozón; Pedro González de Montenegro, cóengo de Lugo; Pedro Méndez de Furís, cóengo de Lugo; Tareixa Gómez; Vasco Rodríguez de Parga, cóengo de Lugo; Xoán Afonso Picado, chantre de Lugo; Xoán de San Martiño, notario; Xoán Fernández Francés; Xoán Vello, cantor en Lugo; Xoán Fernández, crego do coro de Lugo

Outros

Lugo, bispado; Lugo, cabido

Lugares

Camoiras, As; Dozón; Fonteita; Furís; Gaibor, San Xiao; Lama; Mera; Montenegro, antiga xurisdición; Outeiro; Parga, antiga xurisdición; Riba de Neira, Santalla; Sant Martino; Sarria; Triacastela