GMH/ÍNDICE A-Z

1123
1457, outubro, 5. Lugo

O Cabido de Lugo afóralles ó arcediago de Dozón e a tres voces o lugar e o casal de Vilardón na freguesía de San Xulián de Bocamaos, por renda anual de 30 marabedís.

MADRID, AHN, Cód. 419 B, f. 7 r.; Libros, lib. 6289 con referencia ó Lib. E f. 7.
   

Sabam quantos esta carta de foro virem como nos as personas canonigos et benefiçiados da iglesia de Lugo seendo juntados en noso cabildo por canpaa tangida, segundo que avemos de uso et de custume, dentro en a dita iglesia açerca da porta por donde suben a os orgoos, veendo et entendendo que he probeyto da dita iglesia et benefiçiados dela con consintimento et outorgamento de Ruy Lopes de Teyxeyro, rendeyro prinçipal dos aniversarios da dita iglesia de Lugo, aforamos et damos aforo et avervo a vos Gomes Garçia de Goyoso, arçediano de Deçon en a dita iglesia de Lugo, noso conpaneyro, por en toda vosa vida et a outras tres personas despois de vos, huna qual vos nomeardes en vosa vida ou a o tenpo de voso finamento, et non seendo nomeada que seia quen herdar vosos beens de dereyto ou a mayor parte deles, et a outra qual nomear aquela que por vos for nomeada et asi por semellante via de grado en grado subçesive fasta a postremeyra persona, conben a saber que vos aforamos o casal et lugar de Vilardoen con todas suas herdades et casa et casares et pastos et prados et montes et fontes et arvores, rio et caneyros et pesqueyras et termino, o qual he et perteesçe a os aniversarios da dita iglesia, o qual iaz et he syto et locado sub o signo de San Jullao de Bocamaos; o qual vos aforamos a montes et a fontes por donde quer que vaa sub o dito signo ou sub outro qualquer, et avedes de dar et pagar vos et as ditas personas a o rendeyro dos ditos aniversarios, que for en a dita nosa iglesia de Lugo, en cada un ano treynta maravedis de longos por dia de San Martino de novembro, et avedes de faser as ditas casas do dito lugar, aquelas que soyan estar feytas et cubertas, et labrar et sacar de monte as herdades do dito lugar, et teer as casas cubertas et as herdades labradas et reparadas et en boo paramento, et con tal condiçion que cada huna das ditas personas que subçederen en o dito foro que vena mostrar ante nos como he persona do dito foro do dia que en el subçeder por persona fasta treynta dias primeyros, sub pena de perder o dito foro. Et a finamento da postremeyra persona que o dito lugar et casal fique libre et quito et desenbargado a nos et a a dita nosa iglesia et aniversarios dela con todos los boos paramientos que en el foren feytos.

Et eu, o dito arçediano, que presente estou asi reçebo o dito foro para min et para as ditas minas personas, et obligo a min et a todos meus beens et dos ditos meus desçendentes de pagar os ditos treynta maravedis de longos, en cada un ano, a o rendeyro dos ditos aniversarios da dita iglesia. Et nos as ditas personas et benefiçiados da dita iglesia asi vos lo damos et outorgamos et porque seia çerto outorgamos delo duas cartas de foro anbas feytas en un thenor huna para vos, o dito arçediano, et vosas personas et outra para nos, o dito cabildo.

Que foy feyta et outorgada en a çibdade de Lugo dentro en a dita iglesia de Santa Maria, a çinquo dias do mes de outubre, ano do nasçemento de nosos senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et çinquoenta et sete anos.

Testigos que foron presentes et outorgaron este dito foro: don Alfonso Martines de Galdo, chantre; et don Gonçalvo Peres de Carvallido, arçediano de Sarrea; et don Gonçalvo Rodrigues de Parrega, thesoreyro; et Pedro Afonso, et Rodrigo Afonso, et Gomes Vasques, et Johan Vidal, et Johan Ares, et Diego Ferrnandes, et Diego Vasques, et Lopo Garçia, et Rodrigo Afonso das Camoyras, et Pedro Mendez, et Pedro de Mera personas, canonigos et benefiçiados da dita iglesia, et Ruy Lopes de Teyxeyro, clerigo do coro de Lugo, et outros.

Et o dito arçediano se obrigou et obrigou as ditas personas et seus beens delas que a fin da postremeyra persona de leixar o dito lugar et casas et herdades del ben reparadas et labradas.

Et eu Diego Ferrnandes de Luazes, canonigo en a iglesia de Lugo et notario publico por la auctoridad apostolical, a todo o sobredito una con os testigos presente foy et este instromento de foro por outro fielmente fige scripvir et aqui puge meu signo et nome acostumados en testemoyo de verdade rogado et requerido.