GMH/ÍNDICE A-Z

1206
1471, agosto, 2. Lugo
Acta notarial na que o chantre pon como fiadores no arrendamento da administración de marzo ó arcediago de Sarria e ó cóengo Pedro Fernández.

MADRID, AHN, Cód. 419 B, f. 42 v.

Ano de M CCCC LXXI anos, dous dias do mes de agosto. Dentro en a iglesia cathedral de Santa Maria da çiudade de Lugo en presençia de mi notario et testigos a juso escriptos Johan Afonso, chantre da dita iglesia, diso que daba por fiadores en a renda da amistraçon do mes de março, que el tyna arrendada do dito cabildo, a Alvaro Dias, arçediano de Sarrea, et a Pedro Ferrnandes de Mera, canonigos da dita iglesia, que presentes estaban, os quaes diseron que se obligaban por taes fiadores, segundo [...] do arrendamento, et el se obligou de os sacar a pas et a salvo.

Testigos que foron presentes: Gonçalvo Rodrigues de Parrega, thesoreyro; et Rodrigo Afonso da Rigueyra, canonigo; et Pedro Afonso de Maçaaos, et Alvaro de San Jullao, clerigos.

G. apostolicus notarius.