GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da catedral de Lugo. Século XIV

836
1381, xuño, 4. Lugo
O Cabido de Lugo afóralles a Lourenzo Eanes e á súa muller e a unha voz o casal e herdade de Pazos de Sober mais outros casais nas freguesías de Santiago de Gundivós e Santa María de Proendos por renda anual de 15 marabedís o primeiro beneficiario, 28 marabedís os restantes, e por loitosa un boi e unha vaca.
MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 85r.

Sabeam quantos esta carta virem commo nos Gonçalvo Yanes, chantre, vigario geeral de don Johan Afonso, dayan, et o cabidoo da iglesia de Lugo seendo juntados en cabidoo por campaa tanjuda enno coro desa iglesia, segundo que o avemos de custume, avervamos et aforamos a vos Lourenço Yanes de Çereyia et a vosa muller, Moor Aras, por em todos vosos dias de anbos et de huna persoa a pus voso finamento qual o postrimeyro de vos nomear para esto, que seia vosa semellavel, o noso casal dos Paaços de Sober con a outra herdade que con el anda que trouxo Pero Iueu, et o noso casal de Gondiboos chamado de Soureyra, que he sub signo de Santiago de Gondiboos, et o noso casal de Doade que he sub signo de Santa Maria de Perendos; os quaes casares nos deu et mandou don Aras Ferrnandes, chantre que foy de Lugo, os quaes de nos tevo aforados Moor Aras, monja que foy do moesteyro de Sant Fiis de Cangas, et con a herdade que a dita Moor Aras avia en Moutarelle, que he sub signo de Santiago de Gondiboos, a qual fora de Sancha Alvares, sua madre, et que nos ela deu quando de nos aforou os ditos casares; os quaes casares et herdade vos avervamos et aforamos con todas suas pertenenças et dereyturas et casas, a a tal condiçon que vos et persoa sobredita que y for nomeada lavredes et paredes ben as herdades dos ditos casares et mantennades as casas en boo estado; et vos o dito Lourenço Yanes en \vosa/ vida dedes delles de foro et renda en cada hun anno a a iglesia de Lugo quinse moravedis, d’oyto soldos cada moravedi, desta moneda que ora corre, et ficando enno dito vervo depoys de voso finamento a dita vosa muller que ela et a persoa que ela nomear, ou vos nomeardes se ela finar ante que vos, den cada anno de foro delles viinte moravedis, d’oyto soldos o moravedi, et pagardes cada anno os ditos moravedis en pas et en salvo en Lugo por dia de Sant Martino a aquel que tever os aniversarios da iglesia de Lugo. Et a pesoa que no dito vervo for nomeada pollo postrimeyro de vos venna reçeber o dito foro do cabidoo da iglesia de Lugo do dia do finamento do pustrimeyro de vos ata dous meses primeyros, et ata que o asy feser que non seia teuda de entrar nen reçeber os ditos casares. Et vos et a dita vosa muller et persoa que for nomeada avedes a ser vasalos et serventes et obidientes a a iglesia de Lugo; et deve ficar de cada hun de vos a voso finamento hun boy et huna vaca de loytosa a a dita iglesia; et a finamento da pustrimeyra persoa que enno dito foro et vervo for nomeada os sobreditos casares et herdade deven ficar livres et quitos et desenbargados a a iglesia de Lugo con todos los boos paramentos que y foren feytos con a pobrança que en elles andar.

Et eu, o dito Lourenço Yanes, que estou presente por min et por la dita minna muller et pesoa sobredita asy reçebo de vos o dito chantre et vigario et cabidoo sobreditos os casares et herdades con as condiçoes sobreditas, et obligo min et todos meus beens et seus para pagarmos cada anno os ditos dineyros do dito foro et comprir todas las outras cousas sobreditas et cada huna dellas que se suso conteen, et outrosy que non eallemos nen malparemos os ditos casares et herdades nen parte delles en alguna maneyra.

Et que esto seia çerto nos, os ditos chantre et cabidoo et Lourenço Yanes sobreditos, rogamos a Pero Rodrigues, notario publico de Lugo, que fesese desto duas cartas tal huna commo outra huna enno livro do cabidoo, et outra a vos, o dito Lourenço Yanes, seelada con noso seelo.

Feytas enno coro da dita iglesia de Lugo, quatro dias de junyo, era de mill et quatroçentos et dez et nove annos.

Testemoyas: o dito don Gonçalvo Yanes, chantre; dom Pero Aras, arçidiago de Neyra; don Rodrigo Afonso, arçidiago de Deça; don Pero Aras, arçidiago de Triacastella; don Aras Peres, arçidiago de Deçon; don Diego Gomes, thesoreyro; don Thomas Gomes, juys; Roy Lopes, Roy Lopes (sic), Fernando Peres, Afonso Ferrnandes, coengos; Afonso Yanes, Johan Garçia, raçoeyros; Afonso Ferrnandes, sancristan da dita iglesia de Lugo, et outros moytos.

Et eu Pero Rodrigues, notario publico de Lugo por lo sennor obispo dese lugar, a esto que dito he con as ditas testemoyas presente fuy et por lo dito rogo esta carta en minna presença fis scripvir et puge meu signal en testemoyo de verdade que he tal.