GMH/ÍNDICE A-Z

538
1434decembro, 28
Ares de Sanín afora a perpetuidade a Xoán, zapateiro de Castadón, un monte con herdade por sexta, con condición de poñer viña. (fols. 168v-169)

Feita e dada.

Et logo en este dito día et ora et por estas tests., sabean quantos esta carta viren como eu Ares de Sa[n]ín dou et outorgo a foro a vos Joan çapateiro de Castadon que sondes presente et a vosa moller Elvira Anes que non he presente et a todas vosas voses para senpre, moradores en Castadon, conben a saber que vos aforo hun pe (fol. 168v)

daço de monte et herdade que jaz enna aldea de Castadon, yndo para a igleia de Santa Maria de Lamella et começa e parte no camiño que vay para Santa Maria de Lamella, et da outra parte con viña de Gonçalvo de Molgas et en çima encabeça en viña de Pero Copiño et da outra parte con monte de Gonçalvo Tibaldo; aforo voslo con todas suas entradas por tal condiçon que chantedes o dito monte de viña et façades del foro de sesta de todo o viño e conposta que deus en el der vos e vosas voses a min e a miñas voses, a qual novidade colleredes por meu moyordomo ao qual proveredes de comer etç. et do al de disemo a deus etç. et se quiserdes vender, deytar ou supinorar etç. e obrigo todos meus beens etç. et eu o dito Joan çapateiro asy o outorgo e obrigo meus beens etç. Penna dosentos mrs. etç. Tests. os sobre ditos.