GMH/ÍNDICE A-Z

653
1363, febreiro, 26. Lugo
O bispo e o Cabido de Lugo outórganlle ao mosteiro de Oseira a quinta parte do couto de Carballedo e un casal de herdade na freguesía de Santa María de Sabadelle, e reciben a cambio a cuarta parte do couto de Vilameñe e un casal de herdade na freguesía de Santa Mariña de Vilameñe.

MADRID, AHN, Carp. 1332 F/7, perg. orix., carta partida por a.b.c., galego, gótica cursiva, 291x190 mm.

RISCO: ES, t. XLI, p. 119.

Sabeam quantos esta carta viren commo nos, dom frey Pedro Lopes da ordem dos preegadores da orden dos preegadores (sic) por la gracia de Deus et da santa iglesia de Roma, obispo de Lugo, con outorgamento de dom Ruy Fernandes, dayan, et dos homes boos do cabidoo da nosa iglesia da huna parte, et nos dom Domingo, abbade do moesteyro d’Oseyra, con frey Simon prior, procurador do convento do dito moesteyro, per huna procuraçon feita per Gonçalvo Peres, notario do Chao de Castela et de Bolo et de Bubal, da outra, façemos entre nos por nos et por nosos subsçesores tal concambea que seia valedeyra por senpre: conven a saber que nos, o dito sennor obispo, et dayan et cabidoo damos et outorgamos a vos, o dito abbade, et prior que aiades para senpre por iur de herdade, para vos et para o dito voso moesteiro et para vosos subsçesores, a quinta parte do dito couto de Carvalledo que he nosa, et hun casal de herdade que avemos enno dito couto, a qual quinta parte do dito couto et casal vos damos con todas suas dereyturas et pertenenças, couto et sennorio et pastos per hu quer que baan sub signo de Santa Maria de Sabbadelle; et mandamos a os moradores enno dito couto et lavradores das herdades do dito casal que vos recudan con as rendas et dereituras delles, segundo que a nos recudian.

Et nos, o dito abbade, con outorgamento do dito prior et procurador sobredito damos et outorgamos a vos, o dito sennor obispo, para vos et para a dita vosa iglesia et para vosos subsçesores en concambea por lo dito couto et casal, a quarta parte do couto de Villamenne, et hun casal de herdade que avemos enno dito couto que aiades para senpre iamays por iur de herdade; a qual quarta parte do dito couto et o dito casal vos damos con todas suas dereituras et pertenças, iures et pastos, couto et sennorio, per hu quer que vaan sub signo de Santa Marina de Villamenne; et mandamos a os moradores eno dito couto et lavradores et tragedores das herdades do dito casal que recudan a vos, o dito sennor obispo, et a vosos subsçesores con as rendas et dereituras delles d’aqui endeante.

Et nos, o dito sennor obispo, con outorgamento do dito dayan et cabidoo asy reçebemos a dita quarta parte do dito couto et o dito casal de vos, o dito abbade, et prior que nos dades en concanbea para nos et para a dita nosa iglesia et para nosos subsçesores, segundo dito he.

Et nos, o dito dom abbade, et prior, procurador sobredito, asy reçebemos a dita quinta parte do dito couto de Carvalledo et o dito casal de vos, o dito sennor obispo, et dayan et cabidoo que nos dades en concanbea para nos et para o dito noso moesteiro et para nosos subsçesores enna maneira que dita he. Et logo por esta presente carta nos metemos huuns a outros enno iur et posison et propiedade das ditas partes et quinoes dos ditos coutos et dos ditos casares que nos damos huuns a outros en concanbea, segundo dito he, et obligamos nos et nosos bees et de nosos subsçesores et da dita nosa iglesia et moesteiro de fasermos de pas estas concanbeas que nos damos huuns a outros a todo tenpo enna maneira que dita he, et de non virmos contra ello en ninhun tenpo per nos nen per outren, et se o quisermos faser que nos non valla nen seiamos sobrello oydos en juyso nen fora del; et demays qualquer de nos as partes sobreditas que contra ello quiser viir ou pasar que perçe de penna a a outra parte que o gardar et conprir dous mill moravedis desta husavel moneda, et a dita penna pagada que a dita concanbea et contrauto fiquen firmes et valiosos. Et des oie mays este dia todo poderio et sennorio de cada huun de nos as ditas partes seia tirado et removudo et posto ennos outros. Et que esto seia çerto nos as ditas partes rogamos Aras Peres, raçoeiro, et notario publico de Lugo, que fesese desto duas cartas en hun tenor, et por mayor firmidue mandamoslas aseellar con seellos de nos, o dito sennor obispo, et cabidoo et de nos, o dito abbade, et convento do dito moesteiro.

Que foron feitas en Lugo, viinte et seys dias de febreiro, era de mill et quatroçentos et hun annos.

Testemoyas: dom Ruy Fernandes, dayan; dom Alvar Rodrigues, chantres; dom Iohan Afonso, arçidiago de Deça; dom Pedro Aras de Parrega, arçidiago de Neyra; dom Vaasco Rodrigues, arçidiago de Sarrea; dom Lopo Domingues, arçidiago de Triacastella; dom Rodrigo Afonso, arçidiago de Deçon; dom Ruy Gonçalves, mestrescolla; dom Diego Gomes, juys; dom Iohan Dias, thesoreyro; Thomas Gonçalves, Fernan Aras, Alvar Dias, Pedro Aras, coengos da dita iglesia, et outros.

Et eu Aras Peres, raçoeyro, et notario publico de Lugo, dado por auctoridade do dito sennor obispo desse miismo lugar, a esto que sobredito he pressente foy et a rogo das ditas partes esta carta en minna pressença fis scrivir et puge y meu nome et signal en testemoyo de verdade. (+).