GMH/ÍNDICE A-Z

851
1382, maio, 25. Lugo
García Conde e a súa muller dóanlles ao bispo e á igrexa de Lugo todas as propiedades de Sancha Fernández no lugar de Caayra.
MADRID, AHN, Cód. 417 B, fol. 33v.

Sabeam quantos esta carta virem commo eu Garçia Conde de Monterroso por min et en nome de Lionor Vaasques, minna muller, que non esta presente, por la qual obligo meus beens a faser outorgar et de pas, por quanto eu entendo que he saude de minna alma et da dita minna muller desenbargo para senpre jamays por jur de herdade a vos, o moyto onrrado sennor dom frey Pedro Lopes da orden dos pregadores por la gracia de Deus et da santa iglesia de Roma, obispo de Lugo, que estades presentes et reçebente, et a vosa iglesia et a vosos susçesores todos los herdamentos et beens rayses que Sancha Ferrnandes de Caayra avia enno dito lugar de Caayra, asy de conpras commo de gaanças commo por outra maneyra qualquer, os quaes herdamentos et beens a dita Sancha Ferrnandes mandou a vos, o dito sennor obispo, et a a dita vosa iglesia, et os quaes vos despoys desembargou Costança Gonçalves, filla da dita Sancha Ferrnandes, a tempo de seu finamento; os quaes herdamentos andan ia juntados con os casares de [Canura] que som de vos, o dito sennor obispo, et da dita vosa iglesia, et desenbargovo-los con todas suas dereyturas et pertenenças, segundo que ay avia et usava a dita Sancha Ferrnandes, sacado ende os paaços en que ela morava et as cortinnas do nabal. Et por esta presente carta vos ponno logo enno jur et posison et propiadade dos ditos herdamentos et tiro ende a min et a a dita minna muller et a toda nosa vos, et se d’aqui adeante eu ou a dita minna muller ou algun de nos usarmos ou posuirmos os ditos herdamentos ou parte dellos por nos ou por outren, connosco et outorgo que as posuyo por vos, o dito sennor obispo, et por la dita vosa iglesia et en voso nome precario, et estabelescome voso posuydor. Et que esto seia çerto roguey a Pedro Rodrigues, notario publico de Lugo, que fesese ende esta carta.

Que foy feyta en Lugo, viinte et çinquo dias de mayo, era de mill et quatroçentos et viinte annos.

Testemoyas: Rodrigo Yanes, abade de Lousado; Johan Ferrnandes, clerigo de Sant Lourenço de Peyvaes; Ruy Lourenço de Yder; Garçia Peres, cosineyro do dito sennor obispo, et outros.

Et eu Pedro Rodrigues, notario publico de Lugo por lo dito sennor obispo, a esto que dito he con as ditas testemoyas presente fuy et a rogo do dito Garçia Conde esta carta scripvi et puge y meu signal en testemoyo de verdade.