O Cabido arréndalle ao tesoureiro don Xoán Eanes o casal de Maaree por 500 soldos anuais.
Era
de mill et CCC et XXXVIII annos, pustrimeyro dia de julio. O cabidoo
arrenda a dom Johan Eanes, tesoreyro de Lugo, o casal de Maaree que
tiina o joyz, por quinentos soldos desta moeda del rey don Fernando
que ora corre, en salvo cada anno por dia de Pasqua. Et o joyz
quitousse del. Et deu o tesoreyro fiador Aras Perez, coengo. Et
depoys o cabidoo quitou a o thesoreyro C soldos destes dineiros por
lo traballo que levou sobre la herdade de Marees.