GMH/ÍNDICE A-Z

335
1336, febreiro, 5. Lugo

Renuncia do cóengo Fernando Afonso á administración de xaneiro.

MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 5r.

Sabeam quantos esta carta viren commo eu Fernan Affonso, coengo de Lugo, teente a amiistraçon do mes de ianeiro enna iglesia de Lugo, porque eu entendo que non posso teer nen hussar desta amiistraçon tan compridamente commo devo por raçon de gran doença que aio, et outrosy por quanto soo enbargado d’outros negoçios et non posso conpridamente hussar desta amiistraçon nen pagar a o cabidoo de Lugo commo devia, et por esta raçon temendome d’encorrer escandallo con este cabidoo de Lugo et as pennas que se conteen ennas suas constituyçoes, de mina boa livre voontade sen constringemento de nehun, renunçio a esta amiistraçon sobredita et o dereyto que en ella avia por raçon d’amiistrador en maos et en poder do dayam et cabidoo que ordenen desta amiistraçon et arrenden a quen teveren por ben. Et que esto seia çerto et non vena en dulta roguey a Ruy Ferrnandes, notario publico de Lugo, que feçesse ende esta carta.

Que foy feyta çinquo dias de fevreiro, era de mill et CCC LXXta et quatro annos.

Testemoyas que foron presentes: Rodrigo Affonso, alcayde del rey; Johan Affonso de Burgo Novo; Pedro Peres et Fernando Martines et Fernan Peres, moradores en Santa Coonba; Gonçalvo Peres de Booçello, escudeyro de Ruy Pellaes ts. Et eu Ruy Ferrnandes, notario publico de Lugo, sobredito dado pe-lla auctoridade do bispo desse miismo desse miismo (sic) lugar a esto commo dito he presente foy et a rogo de Fernan Affonso, coengo, esta carta escrivi et puge en ella meu signal en testemoyo de verdade.